Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tokio School achega tres cursos específicos centrados nos eSports
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tokio School achega tres cursos específicos centrados nos eSports

S. P.
Publicado: 30/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

esports_tokio_school.jpgA escola Tokio School, proxecto de formación dixital con sede na Coruña (no 1 da rúa Comandante Fontanes), estreou tres cursos centrados no ámbito profesional dos deportes en liña, os denominados eSports. Trátase de tres iniciativas centradas na xestión, no adestramento e, tamén, na mercadotecnia e nos patrocinios.
Céntranse en dar resposta ás necesidades do sector, que é, en palabras da escola, “un dos máis punteiros e rendibles do momento”. A respecto disto Tokio School lembra que os eSports teñen arestora unha audiencia de case 200 millóns de seareiros en todo o mundo, dos cales case o 40% son mulleres. En España, contan con preto de 4 millóns de afeccionados, cifra á que se suman os seus máis de 900 millóns de ingresos mundiais, o 4% dos cales concéntrase no mercado español.
Volvendo aos ditos cursos, sinalar que o de Mercadotecnia e Patrocinios en eSports céntrase nas estratexias de marketing específicas na industria, ensinando aos alumnos como crear unha identidade de marca dentro do sector así como as diferentes formas de patrocinios que existen. Os alumnos aprenden a crear contido específico e a traballar en concordancia coa linguaxe, pero tamén a xestionar aos influencers, prescriptores e a propia comunidade.
Pola súa banda, o curso de Xestión de eSports permite aos alumnos dirixir e xestionar de forma eficaz proxectos, eventos e equipos de eSports, coñecendo o ecosistema desde dentro, con profesionais do sector, e mergullándose no que acontece nun club e nas competicións. “Ao terminar a formación”, explican dende Tokio School, “o alumno estará capacitado para planificar e xestionar calquera entidade, coñecendo os aspectos legais, a industria, as fontes de financiamento e os indicadores de xestión na área de eSports”.
Para rematar, o curso de Adestramento e Coaching Deportivo en eSports posibilitará aos participantes converterse en especialistas dos deportes online en aspectos técnicos, físicos e psicolóxicos que favorecerán o xogo dun verdadeiro gamer profesional.
Estes cursos, que se suman ás formacións en programación, videoxogos, redes, consultoría SAP, mercadotecnia, análise de datos e seguridade informática que xa impartía Tokio School, supoñen en palabras do centro galego de formación “a confirmación da firme aposta da escola polo sector dos eSports, que xa quedou de manifesto co patrocinio do club UCAM Tokiers, cun equipo en primeira división da Superliga de League of Legends que vén de anunciar unha importante renovación do seu persoal para a nova tempada”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?