Entre as empresas da nosa terra que están a envorcar esforzos na transformación do tecido produtivo galego atópase Isos Digital, emprazada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas (Ourense) e facilitadora tecnolóxica do programa Kit Dixital que promove o Goberno a través de Red.es.
Isos, consultoría especializada no eido da dixitalización, ten entre os seus cometidos “facilitar a pemes e autónomos o acceso ás axudas do Kit Dixital, guiándoas en todo o proceso de tramitación e informándoas ademais das vantaxes que aporta a transformación tecnolóxica nas empresas”, segundo indica o seu director Miguel Ángel González.
González engade que “abordar a dixitalización é un proceso cíclico e de mellora continua que implica habituarse á nova contorna realizando diferentes cambios”. Como consecuencia, sinala, “as pequenas e medianas empresas deben adaptarse de continuo a circunstancias concretas como o incremento da compra e venda online, a xestión de procesos, a xestión de clientes e provedores, a presenza en Internet, a creación de páxinas web, a xestión de redes sociais, as facturas electrónicas ou a creación de oficinas virtuais… entre outras moitas posibilidades”.
A respecto de todo o devandito a da importancia da transformación, o director de Isos reflicte cifras recentes dun informe do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, onde se fai constar que as empresas de menos de 50 traballadores (micropemes e autónomos) “teñen un papel moi relevante dentro da economía española, representando o 49,14% do emprego no país. “É por isto que o apoio ao emprendemento e ao desenvolvemento das pequenas e medianas empresas é clave para impulsar a economía dixital en España”, manifesta González-
Kit Dixital
O programa Kit Dixital conta cun orzamento de 3.067 millóns de euros, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025. Diríxese á transformación e á modernización de preto dun millón de pemes e autónomos en todo o territorio nacional, co propósito de contribuír á modernización do tecido produtivo español durante os vindeiros tres anos.
A galega Isos axuda ás pemes e autónomos a abordar a transformación dixital
Compartir Este Artigo

