Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea aposta por tecnoloxías da fala en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea aposta por tecnoloxías da fala en galego

S. P.
Publicado: 01/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_andres_pineiro.jpgCon motivo da celebración das Letras Galegas a empresa compostelá Balidea fixo un pequeno balance da súa actividade recente pola promoción da nosa lingua a nivel tecnolóxico, unha liña de acción que se materializa no desenvolvemento de tecnoloxías que permiten interactuar co mundo dixital en galego. Este é o alicerce do traballo desenvolvido por Andrés Piñeiro dende a área de I+D+i de Balidea, cuxo cometido específico non é outro que avanzar na comprensión automática da linguaxe falada na comunicación persoa-máquina, mediante o desenvolvemento e implementación de axentes conversacionais por voz.
A través deste proxecto, que colleu corpo a través do programa de Doutoramento Industrial da Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Universidade de Vigo, Balidea busca “contribuír ao desenvolvemento da tecnoloxía da fala e da linguaxe en ambientes bilingües galego-castelán” e lembra, tamén, que actualmente non existen sistemas estándar para o NLP (procesamento de linguaxe natural, polas súas siglas en inglés) ou para o SLU (en inglés, comprensión da linguaxe falada) en galego.
Nun plano máis concreto, no plan da tese de Andrés prevese o desenvolvemento de prototipos que validen a investigación en tres ámbitos: o da Administración Electrónica, o sociosanitario e o da Industria 4.0. “Polo tanto”, explica a empresa compostelá, “o coñecemento e experiencia obtidas con esta investigación suporán un referente dentro do mundo dos asistentes conversacionais en galego-castelán, cunha grande proxección de cara ao seu posible uso polas administracións e empresas galegas”.
Balidea tamén lembra no seu balance que xa conta con anos de experiencia no desenvolvemento de tecnoloxías da fala baseadas en Intelixencia Artificial (AI), con algúns proxectos dos que xa se realizaron probas piloto e outros que están en proceso (neles iranse aplicando todos os avances obtidos durante este programa de doutoramento).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?