LinkNovate, en colaboración con Startup Gal, Clúster de Saúde de Galicia (CSG) e Bioga, lanzou un radar cunha selección de startups innovadoras da nosa terra. O obxectivo é “dar visibilidade a proxectos innovadores que se desenvolven en Galicia a través dun radar dinámico que ofrece información sobre cada un deles”.
O radar mostra máis de 60 startups categorizadas por industrias e ordenadas segundo madurez, roldas de financiamento e tamaño de empresa. Ademais, inclúe unha ficha descritiva con información e ligazóns incorporando as persoas crave detrás de cada startup.
A plataforma de intelixencia competitiva LinkNovate lembra que o número de novas empresas innovadoras galegas “está a medrar de maneira considerable”, xa que a nosa Comunidade ten un dos mellores comportamentos anual do PIB en España segundo datos do IGAPE. A plataforma engade que “grazas á colaboración de asociacións de startups, clústers profesionais e axencias de innovación, o ecosistema local está a converterse nun hub con relevancia”. Entre os fitos recentes do noso tecido empresarial innovador, LinkNovate salienta os casos de Coinscrap (firma fintech de Pontevedra que levantou 2 millóns de euros en agosto de 2021) ou Councilbox, centrada en legaltech, que pechou unha rolda de 5 millóns.
LinkNovate lanza un radar cunha escolma das startups galegas máis innovadoras
Compartir Este Artigo

