Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Valentín García presenta en Euskadi o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial para o galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Valentín García presenta en Euskadi o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial para o galego

S. P.
Publicado: 01/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Valentín García presentando o Proxecto Nós en Euskadi
Valentín García presentando o Proxecto Nós en Euskadi
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiu en Donosti (Euskadi) os detalles do Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega (impulsado polo seu departamento e as tres universidades da nosa terra para acadar máis presenza da nosa lingua nas contornas TIC). Fíxoo este primeiro de xuño durante a xornada Transición Dixital Multilingüe na Nova economía da Lingua organizada pola Sociedade Española de Procesamento da Linguaxe Natural (SEPLN) co apoio do Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno Vasco e do HiTZ, Centro Vasco de Tecnoloxía da Lingua.
García participou na sección Presentación das iniciativas públicas, onde sinalou que os obxectivos clave deste proxecto, que acaba de entrar na súa segunda fase de desenvolvemento cunha inxección de máis de 600.000 euros, consisten en “situar o galego na vangarda das tecnoloxías lingüísticas”. Para iso, engadiu, desenvólvense os recursos e as ferramentas para o procesamento automático do galego e elabóranse demostradores que permitan “mostrar as posibilidades dos recursos, facilitando a elaboración de aplicacións e creando un ecosistema galego innovador”, explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
A maior promoción do galego
O Proxecto Nós é unha iniciativa estratéxica impulsada pola Xunta (a través da Secretaría Xeral) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que chegará ás tres universidades galegas enmarcado na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e ao que se pretende dedicar un total de 15,5M€, “o maior investimento directo na promoción do galego en toda a historia”, sinalou Valentín García, quen tamén lembrou que se trata dun proxecto cuxo período de materialización será de catro anos e que este mes de maio Nós “entrou na súa segunda fase de execución, na que se sacarán adiante seis dos oito subproxectos nos que se divide, centrados na síntese de voz, no recoñecemento da fala, na xeración automática de textos, nos sistemas de diálogo, na tradución automática e na corrección e avaliación lingüística”
O obxectivo final polo que traballan os diferentes expertos do ámbito da lingua e da tecnoloxía é “permitir á cidadanía galega interactuar con asistentes de voz, contar coa subtitulación automática de contidos audiovisuais, cun apoio ao diagnóstico médico, con servizos de teleasistencia avanzada e coa tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, na nosa lingua”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?