Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miñones avoga pola loita policial especializada e a prevención individual para combater a vaga de cibercriminalidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miñones avoga pola loita policial especializada e a prevención individual para combater a vaga de cibercriminalidade

S. P.
Publicado: 02/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

José Miñones nunha imaxe da axencia EFE
José Miñones nunha imaxe da axencia EFE
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, informou este xoves 2 de xuño das medidas que se están a tomar para combater o aumento das estafas informáticas, un tipo de criminalidade que vai máis na nosa terra e tamén no resto do ámbito estatal. Segundo apuntou, a fórmula do éxito para erradicalas baséase na loita policial especializada e na prevención individual. Fixo estas declaracións na presentación do Balance de Criminalidade feito público polo Ministerio do Interior, e que detalla os datos relativos ao primeiro trimestre deste ano 2022.
José Miñones advertiu que entre xaneiro e marzo deste ano coñecéronse en Galicia 6.345 estafas cometidas a través de medios telémáticos. Tamén engadiu que os delitos cometidos por esta vía, entre xaneiro e marzo, medraron un 50% respecto dos rexistrados entre xaneiro e marzo do pasado ano.
Miñones lembrou a maiores que as Forzas de Seguridade do Estado traballan nunha dobre vía contra esta delincuencia, con grupos de investigación especializados en cibercriminalidade, e con accións de sensibilización e formación dirixidas á cidadanía máis vulnerable: a xente maior e a poboación escolar. Asemade, lanzou unha proclama a prol “da autoprotección e a conciencia individual” fronte a estes ataques informáticos “que buscan esencialmente un obxectivo económico”.
En relación aos efectivos dispoñibles, o delegado do Goberno confirmou un novo crecemento nos efectivos de Policía Nacional e Garda Civil, que suman entre ambas as 8.654 persoas. Amais, lembrou que en case 4 anos, o Goberno convocou máis de 18.800 prazas de acceso aos corpos de seguridade “superando o 100% da taxa de reposición e esgotando a capacidade máxima dos centros de formación policiais”. Este incremento de efectivos traduciuse tamén nos delitos esclarecidos, que subiron un 21% respecto ao primeiro trimestre de 2021 e no 20% de aumento do número de persoas detidas ou investigadas neste período.
Segundo os datos do Ministerio do Interior, a taxa de criminalidade alcanzada na Comunidade galega en marzo foi de 35 delitos por cada mil habitantes. Canto ás provincias, A Coruña rexistrou 38,6 infraccións penais por cada mil habitantes; Pontevedra rexistrou 35,4; Lugo, 25,6 e Ourense sumou 30 delitos por cada 1.000 habitantes.
Respecto da totalidade de infraccións penais rexistradas, a estatística do Ministerio do Interior contabilizou entre xaneiro e marzo en Galicia 24.475 delitos, 5.997 máis que o mesmo trimestre do ano anterior.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?