Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Afundación explora as posibilidades da intelixencia artificial coa mostra AI: More than human
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Afundación explora as posibilidades da intelixencia artificial coa mostra AI: More than human

Redacción
Publicado: 21/06/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ai_img_2381.jpgAfundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con ILUX Visual Technologies, presenta AI: More than human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial creado polo Barbican Centre de Londres e coproducido polo Forum Groningen de Países Baixos. Cunha impoñente montaxe que ocupará todo o edificio da Sede Afundación da Coruña, AI: More than human conforma un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos coma científicos da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.
Mediante instalacións artísticas inmersivas, a exposición ofrece aos visitantes a oportunidade de interactuar coas pezas expostas para, deste xeito, experimentar as posibilidades da intelixencia artificial de primeira man.
A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da intelixencia artificial, desde os seus ancestrais alicerces ancorados na relixión xintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para elo, AI: More than human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións coma o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática do Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, coma o músico Kode9 ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai.
A presentación do proxecto tivo lugar esta mañá na Sede Afundación da Coruña cun acto que contou coa presenza do presidente de Afundación e reitor de UIE, Miguel Ángel Escotet, e da comisaria da exposición na Coruña, Alba Meijide.
Na súa intervención, Miguel Ángel Escotet definiu AI: More than human como «un proxecto totalmente aliñado coas nosas entidades porque é innovador, multidisciplinar e orientado ao futuro. En concreto a UIE estreará para este vindeiro curso 2022-2023 o seu Grao de Enxeñería en Sistemas Intelixentes totalmente en liña co que nos depara o futuro e con esta proposta expositiva que hoxe anunciamos».
Tamén destacou a importancia de que sexa exposto en Galicia, xa que «a sociedade galega posúe un gran potencial para a intelixencia artificial e o seu ecosistema tecnolóxico acadou, nos últimos anos, unha gran madurez, ambas as dúas vantaxes decisivas para concursar na candidatura para albergar a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. Traemos a Galicia AI: More than human en parte como mostra de apoio a esta proposta, tamén como exemplo de que Galicia pode achegar un diferencial de vangarda á comunidade nacional e internacional».
Pola súa banda, Alba Meijide, comisaria da mostra na Coruña, fixo un percorrido polo que se poderá ver na Sede Afundación a partires do mes de setembro e destacou que o mellor e máis bonito que ten esta exposición é que calquera tipo de público pode gozar dela, desde alguén que non teña ningún coñecemento de intelixencia artificial ata quen teña un background máis tecnolóxico, sobre todo polo carácter interactivo que ten».

O proxecto AI: More than human

AI: More than human está organizada en catro seccións: The dream of AI, a historia das distintas civilizacións e a súa relación coa creación de vida artificial; Mind machines, un percorrido histórico desde as primeiras máquinas calculadoras ata a actualidade; Data worlds, na que se propoñerá a vertente ética da aplicación da IA; e Endless evolution, unha sección que explora o campo da vida artificial (A-life) e como aplicala á evolución humana.
Deste xeito abordarase o tema desde diferentes perspectivas, permitindo aos visitantes interactuar directamente coa intelixencia artificial, pero tamén propoñendo cuestións éticas sobre a súa aplicación na vida real tales como se a IA afectará á nosa privacidade ou á veracidade da información que consumimos, se mediante esta tecnoloxía amplificaremos os nosos nesgos e prexuízos ou quen será o responsable dos erros que cometa.
En palabras de Luke Kemp, codirector do Barbican International Enterprises, «a intelixencia artificial segue sendo un campo de descubrimento apaixonante e estimulante, tanto no eido científico coma no tecnolóxico e creativo. Este fenómeno en continua evolución invítanos a reflexionar sobre o noso lugar no mundo e o tipo de mundo que queremos crear. Ao longo da exposición, un gran número de pezas amosan o proceso de cambio da intelixencia artificial, o que fará as delicias dos curiosos de todas as idades. Esperamos que esta exposición inspire e fomente o debate sobre este fascinante tema».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?