O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, mantiveron un encontro cos representantes do Centro Comercial Aberto de Noia para animar aos representantes dos centros comerciais abertos (CCAs) e das federacións e asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal a solicitar a orde de axudas de 2,75 millóns que ten por obxectivo impulsar o comercio de proximidade galego, a través de dous programas de axudas. Trenor trasladoulles as novidades deste programa e presentoulles un novo entorno dixital que a Administración autonómica pon á súa disposición. Esta nova intranet permitirá optimizar a xestión destas entidades, ao tempo que facilitará melloras nos plans de axuda ofrecidos ao sector, ao contar con datos máis precisos sobre o seu día a día.
En relación coas ordes de axudas, tal e como apuntou Trenor, por primeira vez ponse en marcha unha liña en exclusiva para os centros comerciais abertos, o que permitirá que estes teñan arredor dun 20% máis de orzamento ao seu dispór, en total 2.25 millóns de euros. As asociacións de praceiros, que ata o de agora accedían á mesma convocatoria de apoios, contarán este ano cun programa específico.
Os CCAs contarán con axudas de ata 52.000 euros, en función do número de comercios asociados, apoiando así ás asociacións que atraen un maior número de negocios. Entre as actuacións obxecto de subvención atópanse o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial. Por outra banda, o programa destinado ás asociacións de ámbito superior ao municipal e
federacións conta cun orzamento de 500.000 euros. Entre as actuacións susceptibles de seren apoiadas atópanse as campañas e eventos de promoción e dinamización comercial.
A Xunta pon a disposición dos centros comerciais abertos un novo entorno dixital para a solicitude de axudas
Compartir Este Artigo

