O Concello de Ribeira vén de dar por rematados os traballos da segunda fase do proxecto de dixitalización da documentación custodiada no Arquivo Histórico Municipal de Ribeira. Os labores, que foron executados pola empresa Vinfra, S.A. e principiaron o 18 de xaneiro de 2022, abrangueron un total de 92.511 páxinas, superando a cifra inicialmente adxudicada de 91.913 páxinas.
O proxecto abeirouse á liña de traballo emprendida pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) en coordinación coa Secretaría Xeral de Cultura, dirixida á construción da Memoria Dixital de Galicia como proxecto colectivo de conservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. Con tal motivo o Concello contratou a dixitalización da documentación histórica incluíndo as seguintes series: libros de actas de sesións de comisión permanente (11.499 páxinas), libros de actas de sesións de pleno (5.755 páxinas), padrón de habitantes 1970 e 1975 (12.844 páxinas), libros de actas da xunta pericia (601 páxinas), serie libro de actas da xunta municipal de asociados (555 páxinas), serie libros de actas xunta municipal de educación (133 páxinas), libros de actas xunta municipal de educación 1ª ensinanza (313 páxinas), libros de actas da xunta municipal sanidade (836 páxinas), libros de actas da xunta municipal beneficiencia (200 páxinas), actas da xunta local de reformas sociais (316 páxinas), actas xunta soberana – revolución de 1868 (22 páxinas), serie xunta municipal do censo electoral 1892 – 1907 (1179 páxinas), serie xunta municipal do censo de poboación 1897 – 1917 (256 páxinas), libro rexistro de salvocondutos (48 páxinas), accidentes de traballo 1902 – 1936. (200 páxinas), expedientes gobernativos sobre relixión evanxélica 1888 – 1924 (227 páxinas), libro de bandos da alcaldía 1892 – 1923 (41 páxinas), libro rexistro títulos persoal 1ª ensinanza 1890 – 1932. (341 páxinas), libros de actas xunta municipal de educación 1901 – 1970 (384 páxinas), libro censo escolar 1955 (385 páxinas), padrón cédulas persoais (7.288 páxinas), sanidade marítima (237 páxinas), lonxa – municipalizacion 1916 – 1965 (973 páxinas), secretaria – memorias 1939 – 1967. (852 páxinas), libros rexistro mandamentos de pago 1955 – 1960 (24.692 páxinas), amillaramento – declaracións xuradas 1947 – 1955 (19.479 páxinas), expedientes para poxa de sal 1874 – 1910 (535 páxinas) e expedientes de contas de admon. de consumo (597 páxinas).
Completada a dixitalización, agora estase no proceso de descrición antes da súa publicación na páxina web de Galiciana (Biblioteca Dixital de Galicia) e a conseguinte posta a disposición entre a cidadanía de toda esta inxente documentación.
O proxecto estivo subvencionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Remata en Ribeira o proceso de dixitalización de 92.511 páxinas do Arquivo Histórico Municipal
Compartir Este Artigo

