
Nun plano máis concreto, Argerey salientou o importante peso que ten o sector en Galicia e pon en valor que no marco do Polo Aeroespacial de Galicia se teñan investido 164M€ en proxectos de I+D+i no segmento dos vehículos e sistemas non tripulados nos últimos cinco anos; e que xa están en execución outros 84 M€ dos 540 M€ previstos na nova planificación estratéxica que se desenvolverá ata 2025, “un investimento público-privado condicionado ao acceso a financiamento europeo como é o caso do PERTE”, dixo.
A directora tamén insistiu “na necesidade de coordinación” e “de sumar capacidades e esforzos na I+D+i aeroespacial, na que Galicia ten unha posición de referencia en España”. Neste senso, lembrou que o Consorcio Aeronáutico Galego agrupa a máis de 40 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento “dun sector de alta tecnoloxía que se foi consolidando nos últimos anos e que en 2021 mantivo o emprego e pechou o exercicio cun incremento de facturación do 6%”. E engadiu:” A industria aeronáutica e aeroespacial galega medrou de forma sólida e segue a ser un sector en pleno crecemento para o que os fondos europeos de recuperación, o PERTE Aeroespacial e o Polo terán un efecto positivo para acadar os seus obxectivos e situar Galicia no panorama internacional”.
Patricia Argerey reclama en Madrid apoios para o Polo Aeroespacial de Galicia a través do PERTE do sector
Compartir Este Artigo

