Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso patrimonio artístico e cultural pode explorarse a través da VR no Galiverso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O noso patrimonio artístico e cultural pode explorarse a través da VR no Galiverso

Redacción
Publicado: 20/10/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20221020_galiverso_01.jpgA Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a apertura de O Galiverso empeza aquí, unha iniciativa tecnolóxica, cultural e educativa da Xunta para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial galego a través do emprego de tecnoloxías inmersivas.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou esta tarde na presentación deste novo espazo no Museo Centro Gaiás, no que as persoas visitantes poderán vivir 12 experiencias diferentes de realidade virtual que percorren monumentos, espazos naturais e sitios de gran valor cultural, histórico e turístico das catro provincias galegas. No acto estiveron presentes tamén o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
As novas tecnoloxías que emprega o Galiverso permiten amosar o patrimonio dunha maneira diferente á vez que respectuosa coa súa conservación. Mediante uns lentes de realidade virtual e recreacións de imaxe e vídeo de gran detalle, pódese camiñar polos tellados da Catedral de Tui, visitar a cripta do Apóstolo Santiago ou percorrer en globo aerostático o Canón do Sil sen saír do Museo Centro Gaiás.
A accesibilidade é tamén outro dos puntos fortes desta instalación, xa que para gozar das experiencias non é necesario, por exemplo, subir os máis de 230 chanzos ata a lanterna da Torre de Hércules nin desprazarse ata as montañas dos Ancares para entrar nas pallozas que se conservan no Cebreiro.
O Galiverso é tamén unha porta aberta ao futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia que acollerá o Gaiás, un centro pioneiro en España que permitirá ampliar os modos nos que o público se relaciona co patrimonio e impulsar o desenvolvemento de actividades innovadoras de apoio á creación dixital nas industrias culturais e creativas.

Doce maneiras de vivir o Galiverso

20221020_galiverso_02.jpgAs persoas que visiten o Museo Centro Gaiás poderán entrar no Galiverso de maneira libre e gratuíta. A sala dispón de tres postos con cadanseu equipo de realidade virtual, que poden operar á vez, aínda que a experiencia de cada visitante será individual. Cada sesión dura uns 20 minutos, durante os cales é posible vivir unha ou varias das doce experiencias que se ofrecen.
Un mapa virtual de Galicia funciona a modo de menú desde o cal se pode acceder a cada unha delas e seleccionar o idioma (galego, castelán ou inglés) dos textos e audios explicativos que as acompañan.
Pódese contemplar o solpor en Fisterra, as vistas da Coruña desde o cumio da Torre de Hércules ou o canón do Sil desde as alturas. Tamén internarse na cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela, nos mosteiros de Santa María a Real de Oseira e de Santo Estevo de Ribas de Sil, na torre de Xiá en San Paio de Narla, no templo romano de Santa Baia de Bóveda ou nunha palloza no Cebreiro, e percorrer a ponte romana de Ourense, a muralla de Lugo ou os tellados da Catedral de Tui.
O Galiverso expandirase no futuro incorporando novas experiencias de realidade virtual vinculadas non só ao patrimonio e ao turismo, senón á ciencia e á experimentación. Así, poderemos somerxernos baixo a auga para explorar os tesouros naturais e históricos das nosas costas, ou ascender ata o espazo para descubrir Galicia desde outra perspectiva. A Xunta ten previsto igualmente crear máis puntos de entrada ao Galiverso en bibliotecas, museos de titularidade autonómica, e nos Polos Creativos dos centros de ensino.
No Museo Centro Gaiás poderá visitarse de martes a domingo en horario de tarde de 16:00 a 20:00, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), tamén de 11:00 a 14:30.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?