Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple incrementa o prezo de varios dos seus servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple incrementa o prezo de varios dos seus servizos

Marcus Fernández
Publicado: 26/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple_tv_plus_sube_prezos.jpgNos últimos meses afixémonos a que Apple subise os prezos dos seus produtos ao lanzar novos modelos, pero agora leva esa política aos servizos, o que resulta máis preocupante, incrementando os prezos das subscricións de Apple One, Apple Music e Apple TV+ dun xeito significativo.
Apple One é un servizo que agrupa baixo unha única subscrición Apple Music, Apple TV+, Apple Arcade, iCloud+ e Apple Fitness+, e que pasa a custar 16,95 euros/mes no plan indivisual, 22,95 euros/mes no plan familiar e 31,95 euros/mes no plan Premium. Pero non é precisamente o máis contratado polos usuarios, resultando curioso que agora o plan individual de Apple Music pase a custar 10,99 euros/mes e o plan familiar 16,99 euros/mes, de forma que pasaría a custar máis que Spotify, o seu competidor máis directo, o que tamén crea certa preocupación entre os consumidores, pois podería ser o comezo dunha suba de prezo por parte dos distintos servizos de streaming musical.
Resulta bastante difícil de entender a suba de prezo de Apple TV+, custando agora 6,99 euros/mes, pois das plataformas de streaming globais é, sen lugar a dúbidas, a que conta co catálogo máis pobre, polo que un prezo de 4,99 euros/mes podía ser xustificable, pero que custe máis que Amazon Prime Video e do que pagan a meirande parte de usuarios por HBO Max resulta difícil de xustificar. De feito, ten case o prezo de Movistar Plus+ Lite, servizo que ofrece unha selección de canles de televisión e numerosos contidos á carta que superan por moito a oferta de Apple.
Dende Apple xustifican que a subida de prezo de Apple TV+ débese a que agora a plataforma ten moito máis contido que no seu inicio, pero omiten conscientemente que a meirande parte dos seus subscritores non pagaron nada polos 2 primeiros anos do servizo (xa que ofrecíase de balde ao mercar dispositivos da compañía da mazá) e incluso hai numerosas subscricións de varios meses de balde ao activar unha conta de usuario en consolas de videoxogos e televisores, polo que pretender captar por un prezo elevado a usuarios non afeitos a pagar polo servizo ou a pagar unha cantidade reducida resulta pouco razoable.
En calquera caso será moi difícil saber se esta política de prezos de Apple funciona ben para a compañía, pois non é nada transparente á hora de dar datos sobre os seus servizos, o que parece ser a tónica habitual deste tipo de plataformas, que parecen querer comparar unicamente con sigo mesmas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?