Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O MUVI organiza unha xornada arredor do videoxogo galego Super Woden GP II
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O MUVI organiza unha xornada arredor do videoxogo galego Super Woden GP II

S. P.
Publicado: 22/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

muvi_xornada_videoxogo.jpgO Museo do Videoxogo de Cangas vai organizar unha xornada que xirará en torno ao videoxogo galego Super Woden GP II e o seu desenvolvedor (ViJuDa). Será o venres 30 de decembro de 16.30 horas a 20.00 horas.
A cita constitúe a primeira dun programa repleto de xornadas encadrado na nova liña de traballo da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, na que creadores e creadoras da industria cultural galega do videoxogo serán os protagonistas a través das súas obras e as súas experiencias, visibilizadas e contextualizadas dentro do museo.
O obxectivo do MUVI neste contexto de visibilización é transformarse nun altofalante en prol da divulgación e difusión daqueles videoxogos que foron ou están a ser creados en Galicia.
Segundo o seu director Jacobo Martínez, “nesta cita divulgativa e transversal a cultura e a industria do videoxogo galegas compartirán espazos no MUVI, onde o creador de Vigo fará un percorrido polo proceso de deseño, programación e desenvolvemento do seu próximo videoxogo, que sairá en 2023”.
Segundo explican dende a fundación, Super Woden GP II é unha secuela de Super Woden GP, un xogo de condución en perspectiva isométrica herdeira dos clásicos de carreiras dos anos 90, lanzado por primeira vez en STEAM en setembro de 2021, “con grande éxito dentro e fóra das nosas fronteiras e con vendas nas máis importantes plataformas dixitais de ámbito internacional”. Trátase engade o MUVI poñéndonos en situación sobre a xornada do vindeiro venres, “dun xénero aclamado polos seareiros e con gran presenza ao longo da historia do sector, motivo polo cal, tralo coloquio con ViJuDa, a versión beta de Super Woden GP II estará xogable e accesible ao público, así como unha exposición interactiva conformada por outros xogos de condución que inspiraron ao seu autor”.
Galo Martínez, presidente da fundación, insiste na importancia desta cita como “punto de partida dun novo proxecto cultural que formará parte do calendario cultural do museo para o ano que vén”. Segundo explica “o MUVI arroupará aos xoves creadores a través desta nova fórmula, pioneira en Galicia, e non soamente haberá videoxogos, por tanto as citas serán transversais e abertas á cultura e a toda a sociedade”. No caso do día 30, a Asociación Tempus Ludit de Cangas estará presente nas aulas do MUVI durante a xornada, nunha sesión con xogos de mesa relacionados, entre outros, cos deportes de motor e o mundo do automobilismo.”Será un evento variado e para toda a familia”, explica Galo Martínez.
Esta xornada será respaldada pola Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos – videoxogo.gal
Programa
16:30h – Apertura de portas do MUVI.
Inauguración da exposición A inspiración de Super Woden GP.
17:00h – Diario de desenvolvemento Super Woden GP II.
Presentación e coloquio con ViJuDa sobre o desenvolvemento do título. O público pregunta.
18:00h – Experimentación Super Woden GP II.
20:00h – Presentación Asociación Tempus Ludit.
20:30h –Peche da xornada.
Inicio sesión nocturna de xogos de mesa (só membros da asociación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?