Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alberto Granados, presidente de Microsoft España, reúne a máis de 100 directivos e directivas en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alberto Granados, presidente de Microsoft España, reúne a máis de 100 directivos e directivas en Santiago

S. P.
Publicado: 16/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ponencia_alberto_granados_imagen_apd.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Xunta de Galicia celebraron no Hotel Monumento San Francisco de Santiago, este venres 16 de xuño, o encontro Redescubrindo a Intelixencia Artificial, abeirado ao programa Capacita Directivos e coa colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia e Nordés Club Empresarial.
O Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco acolleu a máis dun centenar de directivos de empresas galegas, que tiveron ocasión de escoitar o relatorio de Alberto Granados Camarón, presidente de Microsoft España, que compartiu cos asistentes o uso da Intelixencia Artificial e o seu potencial para revolucionar as empresas, con Microsoft como exemplo.
Ao longo da súa charla, Alberto Granados destacou que “a IA está a converterse nun factor clave para potenciar as capacidades humanas e impulsar a creatividade e a innovación”. O presidente de Microsoft en España incidiu en que “esta nova xeración de IA non só nos axuda a procesar información, senón a razoar sobre ela. É semellante a contar cun copiloto que nos axuda nas nosas tarefas, desde as máis cotiás ás máis complexas, no noso traballo ou nos grandes desafíos aos que temos que enfrontarnos, como o cambio climático ou a investigación científico”.
ponencia_alberto_granados_imagen_apd2.jpgO obxectivo de Microsoft é, en palabras do seu presidente “democratizar o acceso á IA de xeito que calquera poida beneficiarse desta tecnoloxía”. Neste sentido, Alberto Granados asegurou que este obxectivo “pasa por un compromiso humanista e ético que asegure que a innovación poña á persoa no centro e poña o foco en amplificar as capacidades humanas, non en substituílas”.
Trala intervención de Alberto Granados, o encontro acolleu unha mesa redonda baixo a moderación de Fernando Suárez, presidente do CPEIG; na que participaron os directivos Dora Casal, directora executiva de Roberto Verino; e Agustín Rodríguez, CFO de Gadisa. Os tres relatores explicaron como afrontan o novo reto tecnolóxico desde as súas respectivas entidades, prestando especial atención a cuestións como o metaverso, a Intelixencia Artificial xenerativa e outras tendencias de gran impacto para as empresas.
Os relatores da mesa coincidiron en que a resposta á revolución tecnolóxica é “contar cun equipo innovador, con talento e resiliente, que non lle teña medo ao cambio”; destacando algúns dos últimos proxectos impulsados polos seus equipos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?