Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa é posible contratar Internet por satélite no rural por 35 euros/mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa é posible contratar Internet por satélite no rural por 35 euros/mes

Marcus Fernández
Publicado: 19/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hispasat_centros-de-control.jpgHai uns meses, no marco do programa UNICO Demanda Rural, aprobouse unha convocatoria de axudas para garantir o acceso de banda larga de 100 Mbps a un prezo de 35 euros/mes para o usuario final valéndose das conexións por satélite de Hispasat, e xa temos dispoñible a páxina web na que detallan o funcionamento deste tipo de conexión á Rede que contrátase a través de operadores minoristas.
Esta solución de Internet por satélite promete unha instalación doada, boa velocidade de descarga e dispoñibilidade en practicamente a totalidade do territorio español, poñendo espacial detalle no contorno rural. As conexións terán unha velocidade mínima de 100 Mbps de baixada e 5 Mbps de subida durante este ano, prevéndose que ambas velocidades sexan de 200 Mbps e 10 Mbps a partir de xaneiro de 2024, aínda que como grande carencia teñen unha latencia media máxima de 690 milisegundos.
Os operadores minoristas pagarán como máximo 16,68 euros/mes (impostos non incluídos) a Hispasat, mentres que o usuario final pagará como moito 35 euros/mes, contando tamén o usuario final unha subvención pola alta de ata 600 euros (o que normalmente suporá que sexa de balde para o consumidor).
O servizo conta cun limite de datos mensual de 150 GB/mes, que unha vez superados non suporá a supresión do servizo, senón unha redución da prioridade no acceso aos recursos de rede (polo que nos momentos de maior demanda suporía unha redución da velocidade).
mapa_demanda_rural.jpgEste novo servizo subministrado por Hispasat comezou a operar o pasado día 12 e manterase ata o 31 de decembro de 2027 coas condicións establecidas.
Para contratar o servizo hai que estar nalgunha das zonas elixibles dentro do plan UNICO Demanda Rural que pode consultarse nun mapa en liña, aínda que se algún usuario detecta que na súa vivenda non pode contratar ningunha outra conexión de acceso a máis de 50 Mbps pode comunicalo para que poidan incluílo no programa.
En Galicia achegan este servizo as compañías Bluetel, Direct Telecom, Eurona, Gesico, Movistar Syntelix e Rede Aberta (Vento Rede, S.L.U.), tendo estas dúas últimas sedes en Vigo e Santiago de Compostela respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?