Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un par de xogos galegos premiados na feira IndieDevDay de Barcelona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Un par de xogos galegos premiados na feira IndieDevDay de Barcelona

Redacción
Publicado: 11/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

indiedevday_img_9476.jpgQuack Time Event e Avy, fábulas de la noche, dous videoxogos creados como traballo final do mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría da Universidade da Coruña (EPEF), veñen de gañar cadanseu premio na sexta edición da feira IndieDevDay que tivo lugar esta fin de semana en La Farga de Llobregat (Barcelona).
Quack Time Event, un videoxogo de plataformas e quebracabezas en primeira persoa ambientado nun templo en ruínas de onde o xogador ou xogadora ten que saír botando man dos poderes espazo-temporais que lle concede un Deus representado por un pato de Goma, acadou o Premio ao Mellor Proxecto Académico. O publico asistente e o xurado puido probar o videoxogo no expositor da Universidade da Coruña onde tamén se amosaron outros dous proxectos levados a cabo durante os dous últimos cursos académicos no Campus Industrial de Ferrol, A Bot To The Top e After Juice. Detrás de Quack Time Event están Dominik Konrad Kwiek, María Santalla Martínez, Santiago Adrio Nieto, Antón Yáñez Souto, Carlos González Nieto, Manuel Pérez Parada, Adrián Iglesias Adrover e Patricia Couceiro Rebollo.
Avy, fábulas de la noche, un videoxogo de plataformas, quebracabezas e aventuras no que o xogador ou xogadora se achega a un mundo de xoguete onde non todo é o que parece, conseguiu o Premio ao Videoxogo máis Cuqui. Este proxecto naceu tamén no seo do mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos hai xa case tres anos e contou con expositor de seu na IndieDevDay de Barcelona. Actualmente, forman parte do equipo de traballo Sergio García Álvarez, Juan García Álvarez, Alicia Puentes Arnoso, Mónica García Arranz e Diego Pérez Ramos.
Ademais da Universidade da Coruña, participaron tanto no evento como no concurso a Escola de Arte e Superior de Deseño Deiá, a Escola Pía Granollers, a Escola de Noves Tecnologies Interactives da Universitat de Barcelona, a Escola Frame Games, o TecnoCampus da Universitat Pompeu Fabra, o Centre de Formació Creatiu i Técnic Sabadell, a Escola de Deseño e Artes Visuais LCI Barcelona, o Centre de la Imatge i la Tecnologia Multimèdia da Universitat Politècnica de Catalunya e FX Animation.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?