Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A igualdade e a innovación serán os eixes da sexta edición dos premios Son Muller
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A igualdade e a innovación serán os eixes da sexta edición dos premios Son Muller

S. P.
Publicado: 30/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lugo_301023_presentacion_premios_son_muller.jpgLugo acolle este luns 30 de outubro a presentación da nova edición dos premios Son Muller, destinados a visualizar e reivindicar o puxante emprendemento e a innovación feminina. Na cita, celebrada no CEI Nodus, participaron a secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, a presidenta de AELU, Anjhara Gómez, e o concelleiro de Dinamización Económica de Lugo, Mauricio Repetto, entre outras autoridades.
A sexta edición dos galardóns vén da man, novamente, da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) co apoio da Deputación.
Trátase duns galardóns que “valoran o esforzo, a innovación e o talento das mulleres empresarias e emprendedoras da nosa provincia, e que reivindican ao mesmo tempo a necesidade de seguir avanzando en igualdade, para que mulleres e homes teñamos as mesmas condicións e oportunidades”, sinalaron a presidente da AELU e o deputado.
A Deputación de Lugo achega 3.500€ para a celebración desta cita, que terá lugar o 15 de decembro no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), e que inclúe tres categorías: Son emprendedora, Son empresaria e Son empresaria rural. As candidaturas poden presentarse dende o vindeiro xoves 2 ao 26 de novembro a través de AELU.
O deputado subliñou a liña de colaboración “aberta e permanente” que mantén a institución provincial coa Asociación de Mulleres Empresarias, tanto nestes premios, como tamén noutras iniciativas encamiñadas a fortalecer e diversificar o tecido empresarial liderado por mulleres, como, por exemplo, o programa Aulas Abertas, que se está desenvolvendo na actualidade por distintos puntos da provincia. Unha colaboración que Miguel Fernández enmarcou na prioridade da Deputación de “apoiar aos sectores produtivos para xerar riqueza e emprego, o que significa fixar poboación no territorio, sobre todo no noso rural”.
A Asociación de Mulleres Empresarias dota os premios Son Muller con 1.000€ en metálico á gañadora e o segundo, en 500€. En ambos casos, as galardoadas obterán un ano de cota gratuíta como asociadas de AELU e un xogo de artesanía en cerámica, Matrioskiñas Galegas, elaborado e deseñado exclusivamente para estes premios.
Haberá tamén un recoñecemento especial a unha empresaria lucense referente e pioneira no eido social e económico de Lugo.
O xurado estará formado por representantes da xunta directiva de AELU, e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, a empresa e a sociedade lucense.
Poderán optar aos galardóns as emprendedoras e empresarias que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial.
No acto tamén participou a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, quen destacou a aposta da Xunta polo emprendemento feminino, que se revalorizará en 2024 e que acumula 23,3 millóns de euros de apoio investidos nos últimos 14 anos. En concreto, salientou os 27 anos que cumpre en 2023 o programa EMEGA de fomento do emprendemento e do emprego feminino, así como de medidas de conciliación para as mulleres autónomas e traballadoras. En total, esta iniciativa -que se reeditará en 2024- permitiu a creación de 2.084 empregos desde 2009 e o mantemento doutros 648, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?