Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O DevFest celebrarase en Santiago este outono poñendo o foco na IA e no desenvolvemento web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O DevFest celebrarase en Santiago este outono poñendo o foco na IA e no desenvolvemento web

S. P.
Publicado: 30/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

devfest_santiago_usc.jpgA finais do mes de novembro dará comezo un dos encontros tecnolóxicos máis senlleiros do panorama autonómico e estatal, estamos a falar do DevFest Santiago de Compostela 2023, que arranca o xoves 30 de novembro e se estende ata o 1 de decembro, con horario de 15:30 a 20:30h.
Os DevFest son eventos a grande escala encamiñados á comunidade tecnolóxica que teñen lugar anualmente por todo o mundo, polo que non hai dous DevFest iguais. No caso do DevFest Santiago de Compostela 2023, o lugar de celebración será a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela. Profesionais, estudantes, seareiras e seareiros compartirán coñecementos e ideas arredor da Intelixencia Artificial (IA) e o desenvolvemento web, eixos temáticos do evento e de grande relevancia na actualidade informática.
A cita estará composta por varias charlas e obradoiros prácticos orientados a un público aberto, dende persoas expertas ata público alleo ao sector sen coñecementos técnicos. As sesións serán impartidas por profesionais salientables do sector, contando coa presenza de Google Developer Experts como Carlos Azaustre, profesor e creador de contidos dixitais; Mercedes Rodríguez, especialista en IA conversacional; ou Thomas Steiner, doutor en ciencias da computación e especialista de Google en tecnoloxías web, entre outros moitos relatores de alto nivel.
Cómpre dicir que alén de ter o apoio de Google e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, o evento conta co patrocinio de empresas de renome, como Gradiant, Raiola Networks, Dinahosting, ou JetBrains, entre outras. Grazas a elas, achegaranse refrixerios de balde durante o evento e sortearanse licencias de software entre os asistentes.
A reserva de entradas é gratuíta, e cómpre realizala dende a propia web do evento, onde tamén se recolle outra información de interese como a axenda e información loxística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?