Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura e Educación achega máis dunha trintena de accións nas bibliotecas co gallo do Mes da Ciencia en Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura e Educación achega máis dunha trintena de accións nas bibliotecas co gallo do Mes da Ciencia en Galego

S. P.
Publicado: 31/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mes_da_ciencia_en_galego.jpgA Consellería de Cultura e Educación impulsa este ano máis dunha trintena de actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas da rede pública da Consellería, así como nas bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa é “sensibilizar sobre o valor de empregar o galego na divulgación científica”. Así o anunciaron este martes 31 de outubro o director xera de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, durante a presentación da programación de actividades, que se prolongarán ata o 30 de novembro.
No acto, que se celebrou na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, tamén participou a decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, Elena Vázquez Cendón, quen subscribe o manifesto deste ano.
Anxo M. Lorenzo e Judith Fernández coincidiron na importancia desta iniciativa que axuda a “dar a coñecer e prestixiar a ciencia” a través da rede de bibliotecas e con “recursos cos que contamos para divulgar ciencia en galego e achegar á cativada a este campo na nosa lingua”.
Unha ampla axenda científica
A Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, así como as bibliotecas públicas Miguel González Garcés da Coruña, de Lugo, Nós de Ourense, Antonio Odriozola de Pontevedra, Ánxel Casal de Santiago e Juan Compañel de Vigo acollerán ata 35 actividades de divulgación científica. Obradoiros de robótica, de astronomía, de arquitectura ou maxia, así como escape-rooms, mostras bibliográficas, charlas, contacontos e exposicións son algunhas das citas programadas para este mes. A programación completa pode consultarse nas páxinas web dos respectivos centros.
Ao mesmo tempo, as bibliotecas escolares tamén se unen a esta celebración promovendo o desenvolvemento de variadas iniciativas relacionadas coa ciencia. “Desde a creación do Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) procúrase a integración das ciencias e das humanidades a través de diversas actividades e de actualización da colección das bibliotecas dos centros educativos galegos”, salientaron os representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Neste sentido, para apoiar a conmemoración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego, hai aberto un portal cunha selección de materiais científicos (na web da Consellería de Cultura e Educación), así como unha colección de libros informativos en galego. Outras das iniciativas que impulsa a Consellería, relacionadas coa divulgación da ciencia en galego, son o proxecto Biblioteca Creativa e metodoloxías activas e traballos por proxectos.
A todo o devandito súmase o importante labor despregado polos equipos de dinamización da lingua galega e bibliotecas escolares. Entre as propostas máis salientables destacan as charlas, congresos, exposicións, audiovisuais, podcasts, guías de lectura e revistas, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?