Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolleu a presentación dos novos e revolucionarios prototipos do seu Demostrador Tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolleu a presentación dos novos e revolucionarios prototipos do seu Demostrador Tecnolóxico

S. P.
Publicado: 31/10/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

presentacion_de_prototipos_para_o_demostrador_tecnoloxico_citic_julian-gonzalez-2-1536x864.jpgEste luns 30 de outubro levouse a cabo a xornada de presentación dos prototipos para o Demostrador do CITIC na que, seguindo o ronsel do acto celebrado o pasado mes de xullo, 9 investigadores do centro mostraron os modelos dos seus proxectos en funcionamento coa finalidade de instalalos na Sala Demostrador do centro da UDC, no Campus de Elviña.
Segundo informaron fontes do CITIC, a creación destes prototipos responde á aposta do centro de investigación por “poñer en valor os resultados das nosas liñas de investigación prioritarias” . Neste contexto, en febreiro de 2023 lanzouse o convocatoria Apoio ás liñas estratéxicas do CITIC para a creación de prototipos que permitan visibilizar os resultados de investigación, pola que se financiou a contratación de persoal investigador, todos eles adheridos a diferentes grupos de investigación da UDC. Seguindo este fío, en xullo deste ano celebrouse un primeiro acto no que os participantes mostraron o progreso nos seus traballos.
Para abrir a xornada, Paula Romero presentou o seu traballo Sistema intelixente de asistencia ao diagnóstico de enfermidades raras neurolóxicas. Consiste no desenvolvemento da aplicación AtaxAId, que ten a capacidade de axudar ao persoal médico a realizar diagnósticos máis precisos e rápidos, ao extraer a información de informes médicos e do arquivo xenético dun paciente para contrastala cos repositorios médicos de enfermidades raras. O proxecto céntrase na ataxia, trastorno motor que afecta á capacidade de coordinación na realización de movementos voluntarios, e a paraparesia, que é a diminución de forza nos membros inferiores ou superiores. En AtaxAId o persoal médico introduce unha descrición dos síntomas do paciente, xa sexa en inglés ou en castelán, e o sistema devolve unha listaxe con posibles diagnósticos.
Miguel Luaces, en segundo lugar, falou sobre o seu traballo Friendly barrierLess Adaptable City Demo A Coruña (FLATCity) no que desenvolve unha aplicación para que persoas con diferentes capacidades motoras atopen o mellor roteiro para desprazarse polas cidades e facelas, desta forma, máis accesibles. No prototipo mostrouse nun mapa da cidade de Santiago de Compostela, no cal pódense comprobar elementos como cruzamentos, pasos de peóns, estradas ou puntos de interese. Na súa proposta os roteiros divídense en tres fases: o itinerario camiñando desde o punto inicial ata onde se atope o coche do usuario, o percorrido en coche e, por último, o roteiro desde onde se atopa a praza de estacionamento de mobilidade reducida suxerida ata o punto de destino.
citic_xornada_demostracion.jpg Manuel Corujo, pola súa banda, presentou o proxecto Desenvolvemento dun cadro de mando para divulgación dos usos da HPC, consistente en crear un cadro de mando navegable para a divulgación das utilidades de computación de altas prestacións (HPC) en xeral e no contexto da UDC e o CITIC en particular.
Javier Rodas presentou Interface home-máquina baseados en sinais de electromiografía, o cal desenvolve un hardware que, a través de eléctrodos, permite controlar obxectos dunha vivenda a través de sinais emitidos polos músculos do corpo.
En quinto lugar, Manuel Lagos mostrou os avances do seu traballo Integración dun sistema de movemento cativo en contornas virtuais para a rehabilitación de persoas con discapacidade, que se centra en desenvolver actividades para a rehabilitación e movemento de persoas con discapacidade utilizando unha contorna virtual. O prototipo desenvolve un supermercado no que o usuario, botando man dunhas lentes e unha plataforma de Realidade Virtual, realiza diferentes tarefas como coller os elementos dunha lista da compra ou os alimentos necesarios para elaborar unha receita. Os movementos realizados polo usuario, como o número de pasos, son monitorados.
Despois, Julián González explicou o seu proxecto Aplicación de patróns de comportamento en dispositivos, consistente nunha aplicación de recollida de datos para o adestramento e a detección da identidade dos usuarios activos nun sistema baseado na Intelixencia Artificial. A través de xogos, pídese aos usuarios que realicen unha serie de tarefas co fin de adestrar o modelo e que recoñeza a cada individuo.
Diego Fernández presentou Prototipo de detección de pólipos en imaxes de colonoscopia no que desenvolve unha aplicación para detectar e analizar automaticamente algún indicio de pólipos en pacientes a través de imaxes recollidas por un colonoscopio. Ao subir unha imaxe, o sistema detecta e sinala a localización do pólipo. O obxectivo final é que recoñeza a presenza dos pólipos nun vídeo en directo.
O investigador Hiram Varela Rodríguez, presentou o seu traballo Simulación de secado de sólidos porosos. Co seu prototipo pódese observar detalladamente o proceso de secado en materiais sólidos porosos como a madeira, sector no que se centra este prototipo e do que se extraeron os datos para a súa realización. Para poder utilizar a madeira en construción é necesario realizar un proceso previo de secado industrial. A través dunha simulación representada en 2D por computador, este modelo permite elixir o método máis adecuado para aplicar en cada caso.
Por último, Eva Pardo Otero debullou Captura automática de datos de Xiaom Mi Band, o cal baséase nunha web na que se pode visualizar a actividade dun grupo de persoas usuarias de pulseiras ou reloxos intelixentes, centrándose nos datos de descanso e o número de pasos realizados ao longo do día. Grazas aos datos recolleitos poderanse analizar os hábitos saudables dos pacientes e predicir problemas de saúde física ou mental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?