Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pavillón de Batalláns acollerá o vindeiro 16 de novembro a I Feira Festalent
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pavillón de Batalláns acollerá o vindeiro 16 de novembro a I Feira Festalent

S. P.
Publicado: 02/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

festalent_udc_ferrol.jpgO Campus de Ferrol acolleu este xoves 2 de novembro a presentación da I Feira de Empresas e Talento Festalent, que terá lugar no Pavillón de Batallóns e nas instalacións do Campus Industrial o vindeiro xoves 16 de novembro. Será unha cita para achegar a licenciados e estudantes á realidade empresarial da nosa terra, tendendo pontes firmes entre un ámbito e outro (pontes de emprego e e de contratación) e atendendo a diversos sectores, entre eles o tecnolóxico.
Na cita participou a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, o tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Fondos Europeos, Participación e Atención Cidadá, Organización Interna e Contratación do Concello de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, e a directora do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Ana Ares Pernas.
festalent_udc_ferrol_2.jpg Movilla Fernández aproveitou a súa intervención para agradecer o apoio do Concello de Ferrol e da Armada para a posta en marcha desta iniciativa así como o soporte ofrecido polo resto de empresas e entidades patrocinadoras como son Gabadi, Grupo JRilo, Detegasa, Grupo Intaf, El Pulpo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR) e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME). Do mesmo xeito, resaltou a oportunidade que esta feira lle ofrece ao alumnado egresado e aos estudantes dos últimos cursos de grao ou de mestrado do Campus Industrial de Ferrol “permitíndolles amosar todas as súas potencialidades así como a oportunidade de coñecer máis de preto a realidade do mercado laboral máis inmediata”.
Tamén salientou que I Feira de Empresas e Talento Festalent está aberta á participación do alumnado dos ciclos medios e superiores de Formación Profesional da Comarca de Ferrolterra.
Tal e como explicou a directora do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Ana Ares Pernas, no Pavillón de Batallóns situarase a zona expositiva na que terán cabida máis de 40 postos informativos de empresas e institucións da Comarca de Ferrolterra e doutros puntos da xeografía galega. Do mesmo xeito, nunha zona anexa a este espazo, terán lugar as entrevistas rápidas entre o persoal dos departamentos de Recursos Humanos ou Captación de Talento e o alumnado universitario e de ciclos medios e superiores de formación profesional inscrito na feira. O obxectivo é, segundo a propia Ana Ares Pernas, “establecer encontros de non máis de 10 minutos de duración entre o tecido empresarial e as persoas interesadas o que lles permitirá presentar as súas candidaturas nun tempo récord e optimizar de xeito significativo os procesos de selección”.
De xeito paralelo, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, acollerán preto de 30 conferencias nas que participaran boa parte das firmas e institucións que sumaron a esta I Festalent. Nesta ocasión, tal e como explicou Pernas, “a finalidade non é outra que darlles voz para que poidan explicar ao público participante como é o seu día a día, que perfís demandan ou cales son as oportunidades reais para desenvolver unha carreira profesional nesa empresa ou institución”.
A maiores, o programa da feira inclúe unha xornada de orientación e asesoramento previa, prevista para o xoves 9 de novembro, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, e na que o persoal do Servizo de Emprego da Universidade da Coruña explicará con detalle como preparar e mellorar un currículo vitae, como afrontar unha entrevista de traballo ou mesmo como elaborar unha presentación de éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?