Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O turismo innovador e sustentable, protagonista de feira Fairway en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O turismo innovador e sustentable, protagonista de feira Fairway en Santiago

S. P.
Publicado: 02/11/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

fairway_santiago_inauguracion2.jpgA feira Fairway, emprazada en Santiago, abriu este 1 de novembro as portas da súa nova edición, unha convocatoria “máis completa e máis internacional, coa temática da Economía Circular como fío condutor do seu amplo programa de actividades”, explicaron dende a organización. O evento celébrase no Pazo de Congresos e Exposicións e nel participan máis de 80 expositores nos que están representados os Camiños de Santiago e practicamente todas as comunidades autónomas, ademais de destinos de fóra de España (Portugal, Malta, ou Xapón, entre outros). Unha das temáticas desta convocatoria é a temática tecnolóxica: achegarase formación en mercadotecnia dixital, novas tecnoloxías e ferramentas de comercialización.
A inauguración oficial do evento estivo presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o deputado delegado do Camiño na Deputación de A Coruña, Antonio Leira. Os codirectores do Fairway, Ana Trevisani, Manuel Oreiro e Tono Mugico, acompañaron ás autoridades no seu percorrido polos máis de 2.000 m2 de espazo feiral para despois proceder á apertura desta cita.
A rexedora compostelá salientou a importancia dos Camiños de Santiago como grandes reclamos de visitantes á cidade. Porén, Sanmartín lembrou a necesidade de fomentar a atracción de “un turismo de calidade, sustentable, respectuoso, que deixe retorno económico e que fomente a convivencia”, tanto durante a peregrinación como na chegada a Compostela. Neste senso, gabou a escolla da temática da economía circular, xa que “hai unha forte demanda social para modelos de comercio e consumo máis responsables, e un destino como Santiago non pode quedar aparte e Fairway é un dos foros máis acaídos para abordar estas cuestións”.
Pola súa banda, o director da Axencia de Turismo de Galicia puxo en valor a importancia das Rutas Xacobeas como “grandes eixos de promoción dos atractivos da nosa terra”. Ademais, indicou que Fairway suporá unha boa oportunidade para “debater e avanzar na xestión sustentable do Camiño de Santiago”. Na súa intervención na inauguración do evento, Merelles destacou que a sustentabilidade é un dos obxectivos marcados pola Xunta. “Falamos dunha ruta xacobea cada vez máis diversificada e desestacionalizada e tamén de novas tendencias na peregrinación que todas as administracións temos que atender”, asegurou.
Finalmente, Antonio Leira salientou tamén a importancia de “promover prácticas responsables co medio ambiente no Camiño, que é moito máis que un sendeiro ancestral; é testemuña da nosa historia”. O deputado provincial asegurou que Fairway “conforma un espazo onde intercambiar ideas” e desexou que este evento “sirva para inspirar ese cambio co obxectivo de que o Camiño perdure para futuras xeracións”.
fairway_santiago_feiraemprego.jpg Polo turismo respectuoso co medio natural e innovador
Baixo o lema Fai circular o teu Camiño, Fairway quere “pór de manifesto a importancia de desenvolver un turismo sostible e respectuoso co medio”, indicou Ana Trevisani, co-directora do evento. Ademais, lembrou que esta quinta edición “é a da reactivación e consolidación definitiva do Fairway”. Ao longo destes anos, o foro contribuíu “a mellorar, promocionar e construír unha mellor experiencia do Camiño”.
A codirectora do evento realizou un repaso polas principais actividades que se desenvolverán nestas tres xornadas e salientou o récord de participación na feira, con máis de 80 expositores, e no obradoiro (workshop) con 4.150 reunións de negocio programadas entre 40 turoperadores de 16 países de máis de 100 empresas vencelladas aos Camiños de Santiago. Do mesmo xeito, salientou unha das principais novidades desta edición: a Feira de Emprego. “Era unha antiga demanda do sector e, por fin, puidemos materializala. Hoxe mesmo realizaranse preto de 200 entrevistas de traballo e orientación laboral presenciais”, afirmou.
Fairway tamén ofrecerá dúas xornadas cheas de debate e formación coas seccións de Congreso e Academy. No primeiro caso, “debaterase sobre temas candentes, como a convivencia entre veciñanza e turistas ou a taxa turística” e, no segundo, ofrecerase “formación ao sector sobre mercadotecnia dixital, novas tecnoloxías e ferramentas de comercialización”, detallou Ana Trevisani.
Pola súa banda, Tono Mugico agradeceu a implicación e apoio das distintas administracións ao evento e amosouse moi satisfeito por ver “canta xente quere facer circular o seu Camiño no Fairway. Poder unir tantos esforzos é algo moi bonito”.
Feira de Emprego e actividades para todos os públicos no Open Day
A xornada inaugural do Fairway, V Fórum do Camiño de Santiago ofreceu, ademais do espazo feiral, unha Feira de Emprego (en colaboración coa Fundación Ronsel) e propostas de lecer para toda a familia dentro do Open Day.
No primeiro caso, desenvólvense un total de 182 entrevistas presenciais: 69 entrevistas de traballo presenciais coas empresas inscritas na Feira de Emprego e outras 37 xestionadas a través da Fundación Ronsel; 43 entrevistas de orientación laboral, e 33 de autoemprego. A Feira de Emprego inclúe tamén diversas mesas redondas nas que se tratan temáticas como o emprendemento no Camiño, a selección de persoal ou o Programa Retorna da Xunta de Galicia. Ademais, haberá obradoiros para aprender como afrontar unha entrevista de traballo.
O programa do Open Day, pola súa banda, arrancou coa saída dunha nova edición da Ruta I Camino para despois continuar no Pazo de Congresos e Exposicións con diversas sesións de Escape Room. Tamén regresa unha nova edición do Gastroway, con petiscos típicos das distintas comunidades polas que pasan os Camiños, que se combina cunha degustación gratuíta de Filloas de Lestedo, ofrecida pola Asociación Cultural da Filloa (Lestedo-Boqueixón).
A programación do Fairway continuará este xoves e este venres, coas reunións de negocio previstas no workshop. Ofreceranse tamén unha ducia de obradoiros, mesas de debate e redondas nas seccións de Academy e Congreso, que se combinarán con presentacións de destinos e proxectos.
Toda a información sobre o programa atópase en www.fairwaysantiago.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?