Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os servizos en liña copan o 21% das queixas por discriminacións ao galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os servizos en liña copan o 21% das queixas por discriminacións ao galego

S. P.
Publicado: 02/11/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

a_mesa_20231009_informe_linhadogalego2022_01.jpgA Mesa comezou novembro poñendo o foco na necesidade de seguir traballando para garantir o dereito a usar o galego, que segue a ser vulnerado dunha chea de xeitos diferentes e dende diversas frontes: por exemplo dende os servizos online, que abranguen preto da cuarta parte do total das discriminacións rexistradas.
Así o fixeron saber Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Sara Seco, responsable do texto; e Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputación da Coruña, na presentación (este 2 de novembro en Compostela) do informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2022. Segundo recolle dito balance, ao longo do pasado ano, a entidade de defensa da lingua tramitou a través de chamadas, correos electrónicos e da aplicación móbil da Liña do Galego un total de 1048 expedientes, dos que 43 foron tramitados como parabéns, 536 como consultas e 469 como queixas. Destas queixas, o 22% están relacionadas coa deturpación da toponimia, o 20% coa rotulación e sinalización, o 17% coa imposibilidade de uso do galego na atención oral e escrita, o 21% nos servizos online e o 20% por outras discriminacións (20%).
Segundo explicaron, o volume de queixas e parabéns foi similar ao do ano anterior, pero nas consultas produciuse “un aumento enorme”, pasando de 55 no 2021 a 536 en 2022, “o que mostra por unha banda a necesidade e consolidación do servizo, mais tamén a súa calidade na medida en que é capaz de conseguir unha mudanza de actitude na parte inicialmente incumpridora”.
Na presentación do informe, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou que A Liña do Galego é o único servizo gratuíto que se oferta en Galiza para consultas, queixas e parabéns e que neste momento só conta coa colaboración da Deputación da Coruña, cuxo compromiso destacou fronte ao absentismo das súas obrigas da Xunta de Galiza. “A acción da Liña do galego é recoñecida ano após ano nos informes da Valedora do Pobo ao Parlamento de Galiza como fundamental para resolver positivamente parte das denuncias con motivación lingüística que recibe a institución”, recordou, e serve para documentar denuncias internacionais como as presentadas no Consello de Europa ou a ONU.
A responsable do informe, Sara Seco, explicou que as consultas recibidas pola Liña do Galego teñen a ver con situacións onde inicialmente se nega a persoas usuarias de servizos a posibilidade de usar e recibir atención en galego. “Unha anomalía nun país no que teoricamente a súa lingua propia é oficial, mais que contrasta coas posibilidades reais de uso”, asegurou Maceira, “e onde cada vez máis o uso se pon en cuestión invocando unha suposta obrigatoriedade de falar español”.
Obsérvase, aclararon, un “aumento da consciencia lingüística” e “da necesidade de as administracións públicas e empresas asumiren deberes e compromisos claros coa lingua”. Ademais no caso das entidades públicas, concretamente as autonómicas, “deberan ter unha obriga maior no uso da lingua que non cumpren, unha actitude que está detrás do feito de seren o 37% das queixas recibidas, o 51% delas dirixidas á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde”, informaron.
Segundo explicaron, “o SERGAS é o servizo máis empregado por galegos e galegas de todas as idades e que máis problemas pon á cidadanía para un uso normal do galego, na atención oral, escrita e mesmo en formularios como os de consentimento informado para cirurxías que se poden encontrar en ducias de linguas agás, sistematicamente, en galego”. A Mesa asegura que o SERGAS negouse a colaborar cunha campaña desenvolvida pola Mesa para animar ás persoas traballadoras e usuarias a se manteren no uso do galego. “Este departamento é hoxe o que máis abertamente actúa contra o galego nunha Administración autonómica xa de por si moi contraria á lingua de Galiza”, salientou o presidente da Mesa.
Respecto ás empresas privadas, Sara Seco salientou como os casos mais “preocupantes”, aqueles onde “as empresas se atreven, amparados na impunidade, a recriminaren á súa clientela o uso da lingua galega, instándoa a usar o castelán para completar os servizos solicitados”. Dende a entidade de defensa da lingua recórdase que “estes casos son de gravidade especial naqueles casos onde as empresas privadas prestan servizos contratados pola administración pública”.
E engadiu: “A chantaxe lingüística para forzar ás usuarias e usuarios de servizos está á orde do día, como unha mostra de que vivimos nunha situación onde o racismo lingüístico está absolutamente naturalizado. Vivimos nun marco legal onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego nas nosas relacións de consumo, mais como na práctica as empresas non teñen obriga de corresponder, ese dereito non se pode exercer”, resumiu Maceira.
Baixo o seu punto de vista, “as empresas que operan en Galiza deberían de ofrecer en todos os casos a opción de galego e a Xunta ten que facer que así sexa”, rematou, “se realmente quixer fomentar o emprego da lingua galega, debería comezar por eliminar os límites, as chantaxes e as coaccións que impiden levar a cabo unha vida no propio idioma”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?