Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Oficina Acelera PEME do ITG pon o foco no metaverso, as tecnoloxías inmersivas e a sinatura biométrica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Oficina Acelera PEME do ITG pon o foco no metaverso, as tecnoloxías inmersivas e a sinatura biométrica

S. P.
Publicado: 03/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

equipo-oficinaacelerapyme-itg-2023.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) levará a cabo ao longo do mes de novembro un amplo programa de accións formativas no marco da actividade desenvolvida pola súa Oficina Acelera PEME (Red.es), que ten como obxectivo “contribuír a impulsar o crecemento e a competitividade das pemes da Coruña”. Deste xeito, pequenas empresas, autónomos e emprendedores poderán iniciarse en ámbitos como o metaverso, as tecnoloxías inmersivas ou a sinatura biométrica e as súas aplicacións empresariais, explican fontes do ITG.
As accións formativas, de carácter gratuíto, terán “un carácter eminentemente” práctico e serán impartidas en colaboración con empresas e entidades como NTT DATA, Xoia, Duacode ou GaiásTech.
A continuación compartimos o calendario formativo de novembro.
• 7 de novembro, ás 09.00h. Obradoiro Descobre Oportunidades de Dixitalización para a túa Empresa. Impartirase tanto de forma online como presencial e a modalidade presencial será nas instalacións de Neurall, en rúa Enrique Mariñas Romero, 32 G, 3.º (A Coruña).
• 9 de novembro, ás 10:00h. Obradoiro en liña Metaversos. Enfoque opensource. Nesta sesión, deseñada para todos os públicos, veranse exemplos de como o metaverso xa xera oportunidades de negocio e valor engadido en sectores como a saúde ou educación. Este taller formativo impartirase en colaboración con Centro GaiásTech.
• 9 de novembro, de 15:30h a 19:00h. Xornada #IndustriaExtendida. Evento presencial organizado en colaboración con Xoia Extending Reality no que se verán exemplos prácticos de tecnoloxías inmersivas como a Realidade Aumentada e a Realidade Virtual, e que contará coa participación de representantes de NTT DATA, Possible Incorporated ou Texas Controls.
• 14 de novembro, ás 10:00h. Obradoiro online Potenciando o deseño web para atraer e reter clientes, no que se dará conta da importancia do deseño web centrado no usuario e o seu impacto nas vendas e a fidelización de clientes. Impartido por Duacode.
• 21 de novembro, ás 10:00h. Obradoiro online Innovación en Contratación: aplicación Práctica da Firma Biométrica e os Formularios Intelixentes, impartido pola empresa Unayta.
Para asistir a estes obradoiros é necesario inscribirse previamente na web do ITG.
Oficina Acelera PEME de ITG
A Oficina Acelera PEME de ITG ofrece asesoramento gratuíto e personalizado para a adquisición e incorporación das solucións incluídas dentro do Kit Dixital, así como unha combinación de actividades presenciais e híbridas para “chegar a un amplo espectro de empresas e emprendedores, brindando oportunidades de aprendizaxe e colaboración”.
Nos seus primeiros dous anos de actividade, a Oficina levou a cabo 53 xornadas de dixitalización con máis de 1.900 rexistrados, atendeu máis de 200 consultas e realizado un total de 56 diagnósticos dixitais personalizados e un índice de satisfacción de 9,2 sobre 10. Nos próximos 24 meses ten previsto ampliar o impacto da súa actividade no tecido empresarial da Coruña prestando 700 servizos de transformación dixital para pemes, autónomos e emprendedores da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?