Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentia Summit (Santiago) abre as súas inscricións con milleiros de prazas e 300 ofertas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentia Summit (Santiago) abre as súas inscricións con milleiros de prazas e 300 ofertas

S. P.
Publicado: 03/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

talentia_summit_santiago-4.jpgMáis de 3.000 prazas en actividades formativas, 300 ofertas de emprego e preto de 80 empresas participantes. Son os números do Talentia Summit, o evento compostelán do talento e o emprego que se desenvolverá do 13 ao 17 de novembro, cun formato híbrido que combinará as vantaxes dos modelos de feira virtual e presencial. As inscricións nas diferentes actividades quedarán abertas esta tarde a través da web talentiasummit.com.
Feira virtual
Nesta edición, o Talentia Summit mantén a feira virtual de emprego do 13 ao 17 de novembro, coa participación de preto de 80 empresas que ofrecerán uns 300 postos de traballo vacantes, pero tamén formación ou certificacións profesionais. As persoas interesadas poderán visitar os seus stands virtuais, programar entrevistas e interactuar cos seus departamentos de selección de persoal.
En canto á formación, ofértanse máis de 2.200 prazas en dous formatos pensados para atender, en palabras do Concello (organizador da feira) “todos os tipos de necesidades e de demandas”.
Por unha banda haberá 1.100 prazas en 43 cursos na aula virtual, con data e horarios establecidos e con titor en directo; e outras 1.130 prazas para a formación online por libre, en 113 cursos do catálogo de especialidades formativas do SEPE.
A estas cifras súmanse as 600 prazas que o Talentia Summit oferta dentro de Linkedin Learning, unha plataforma de éxito internacional desde a que se pode acceder a 18.000 cursos especializados. O catálogo dos cursos aborda temáticas variadas, como xestión comercial e mercadotecnia, administración de empresas, formación para formadores, seguridade alimentaria, comunicación, saúde ou imaxe e son.
Desde a feira virtual do Talentia Summit ofrécense ademais 225 prazas para a obtención de certificacións profesionais oficiais; 105 prazas para certificacións TIC, e 120 prazas para a certificación de idiomas. Por último, prevense máis de 1.400 prazas para as mentorías online, que serán sesións con persoas expertas para resolver dúbidas ou inquedanzas a nivel profesional; e haberá diferentes webinars para coñecer as últimas tendencias en tecnoloxía e traballo en equipo.
Feira presencial
En canto á feria presencial, será o 13 de novembro no Palacio de Congresos. Alí tamén haberá postos informativos de diferentes empresas e unha ampla oferta formativa. En concreto, prevense 19 cursos cun total de máis de 300 prazas, a maioría deles ofertados en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, e tamén da man de Creativas Galegas. Así, haberá talleres de comunicación, técnicas de venda, uso de aplicacións móbiles para a procura de emprego, introdución á Intelixencia Artificial, paquetería creativa ou seguridade alimentaria.
A oferta presencial complétase cun espazo para as mentorías, con 350 prazas.

Xabier Ferreiro e María Rozas na presentación da nova edición da feira
Xabier Ferreiro e María Rozas na presentación da nova edición da feira
Foro Talentia
O Talentia Summit 2023, organizado pola concellaría de Promoción Económica de Santiago de Compostela, comenzará o venres 10 cun Foro inaugural que se celebrará no auditorio do CGAC e no que participarán expertos e expertas de diferentes perfís vinculados ás temáticas nas que incide este ano o evento: a innovación tecnolóxica e a Intelixencia Artificial, novos modelos para o desenvolvemento do talento local, e igualdade e as políticas de conciliación.
No foro están previstos os relatorios de Tino Fernández, presidente executivo do Grupo Altia e vicepresidente do Clúster TIC de Galicia; Ignacio Ramos, director corporativo de estratexia de persoas e infraestruturas do grupo tecnolóxico GMV; Alex Rayón Jerez, fundador e CEO de brainandcode.tech, ex-vicerreitor de Relacións Internacionais e Transformación Dixital da Universidade de Deusto e experto en IA; e Susana Pascual, enxeñeira, divulgadora e promotora tecnolóxica experta en disciplinas STEAM. Á marxe da tecnoloxía e a innovación, co obxectivo de promover outros talentos e visibilizar outros modelos empresariais, no foro inaugural está prevista a intervención de Isabel Pernas, vicepresidenta de Creativas Galegas, unha marca paraugas que reúne e impulsa a máis de 340 pequenas marcas do eido cultural e creativo galego.
Por último, e xa máis centradas na temática da conciliación e a igualdade no mercado laboral, no foro inaugural do Talentia participarán Carmen Castro, activista feminista, economista experta en modelos de benestar e políticas europeas de xénero e co-fundadora de LoPERSONALesPOLÍTICO; e Anna Cabó, fundadora de LaGroc Solutions, unha consultoría que traballa fundamentalmente na elaboración de plans de igualdade, protocolos contra o acoso e xestión cultural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?