Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Proxector recompila vídeos sobre as bacterias e a súa resistencia aos antibióticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Proxector recompila vídeos sobre as bacterias e a súa resistencia aos antibióticos

S. P.
Publicado: 07/11/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

bacterias_antibioticos_ccg_proxector-novembro.jpgA USC (Servizo de Normalización Lingüística) e o Consello da Cultura Galega (Centro de Documentación Sociolingüística) achegan este mes de novembro novos contidos e novos formatos para o portal Proxector, iniciativa web habilitada coa finalidade de aproximarnos á divulgación e ao coñecemento investigador, ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos. En concreto, o portal achegou un especial (Bacterias e antibióticos. Do laboratorio á clínica) que nos achegan ao comportamento das bacterias, tanto aquelas beneficiosas para o funcionamento do organismo humano como as prexudiciais que causan infeccións. Inclúese unha ducia de recursos audiovisuais. No especial tamén se explica a relevancia que tivo o descubrimento da penicilina no tratamento das enfermidades bacterianas.
Con este especial, o CCG súmase á celebración do XIV Día da Ciencia en Galego, que organiza IGACiencia e que, este ano, homenaxea a Alexander Fleming e Domingo García-Sabell nunha edición que ten por lema Ano da saúde para todos.
Entre os ideais do médico galego Domingo García-Sabell sempre estivo o de humanizar a medicina, para o que reivindicou “poñer no centro tanto o paciente como a persoa” e “empregar a lingua propia do doente”, explica o especial. Pola súa banda, Alexander Fleming instaurou a universalización dos coidados sanitarios co seu achado accidental da penicilina en 1928, un descubrimento que resultou “de vital importancia para tratar moitas infeccións bacterianas diferentes e salvar moitas vidas”, continúa.
Arredor deste fito científico falan Allison Ramsey e Mary Staicu no vídeo O accidente que cambiou o mundo, peza que abre a nova entrega de Proxector. A continuación, Azucena Mora, profesora da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), fai un percorrido histórico dende o descubrimento da penicilina ata a actualidade co fin de afondar no papel que tiveron as mulleres na historia da ciencia en xeral e no campo da microbioloxía en particular.
O especial inclúe tamén un vídeo TED no que Bonnie Bassler analiza como os microorganismos bacterianos empregan unha linguaxe química para comunicarse e, deste xeito, coordinar tanto a súa defensa como os seus ataques. En Illando a diversidade, Ana Otero, Sabela Balboa e Carlos Rodríguez Osorio, docentes da USC, amosan a técnica de laboratorio que permite conseguir un cultivo puro de bacterias.
Pola súa banda, Gerry Wright achega o vídeo Como podemos resolver a crise de resistencia aos antibióticos? e Gonzalo López Lorenzo pon o foco na colibacilose porcina, doenza que provoca cadros de diarrea nos leitóns e está causada pola Escherichia coli, unha bacteria que conta xa con algunhas cepas resistentes aos antimicrobianos.
Pola súa banda, Inmaculada Orjales expón en A redución do uso de antibióticos: un reto para a gandería as vantaxes que tería para as explotacións gandeiras a limitación do uso deste tipo de fármacos. Unha posible solución á loita contra as bacterias resistentes aos antibióticos achégaa Alexander Belcredi no recurso Como un virus xa esquecido nos pode axudar a pór fin á crise dos antibióticos.
Completan o especial de Proxector un audiovisual sobre a tuberculose e o xeito en que afecta ao organismo do ser humano e outro arredor da relación existente entre as enfermidades bucais e doenzas como a artrite, a diabetes ou os accidentes cerebrovasculares.
Un portal referente na divulgación científica
Proxector é un espazo web dedicado a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais de apoio á docencia en lingua galega no ensino medio, bacharelato e ensino universitario. Na actualidade, conta con preto de 1.400 materiais publicados dunha trintena de áreas temáticas diferentes.
A iniciativa orixinal foi deseñada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e botou a andar no ano 2015 no portal educativo Didactalia. En 2018 o CCG, a través do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), sumouse á iniciativa e comezou a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Cumprindo coas competencias que lle son propias no eido da preservación e difusión do idioma galego, o CCG acordou asumir tamén a custodia dos datos recompilados ao longo destes anos e que, a partir de agora, estarán ao dispor da cidadanía no sitio web institucional.
Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. A maiores, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso. Pódese acceder aos contidos a través da busca libre ou dos diferentes despregables, que permiten filtrar os resultados segundo os criterios de clasificación antes citados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?