Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN e CEO proporcionan formación e ferramentas en innovación ás pemes ourensás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN e CEO proporcionan formación e ferramentas en innovación ás pemes ourensás

S. P.
Publicado: 08/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ceo_ourense_2023-11-8_taller_adn_innovador_1_.jpgA CEO (Confederación de Empresarios de Ourense), a través de Conecta Ourense, segue organizando actividades para fomentar esa capacidade de innovar e o potencial que teñen as empresas provinciais neste eido. Este é un dos obxectivos cos que naceu Conecta Ourense, iniciativa da Confederación apoiada pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación, GAIN, que desenvolve obradoiros, sesións, conferencias, foros e xornadas con contido relacionado coa innovación, os métodos para levala a cabo ou as axudas dispoñibles para implantala nas empresas.
Dentro do calendario de accións de Conecta Ourense, celebrouse un ciclo de dous obradoiros sobre Xestión da Innovación nas pemes coa colaboración do GDR 10 Limia-Arnoia nos que, entre outras cousas, os directivos das empresas puideron aprender como facer o seu primeiro plan para empezar a innovar e identificar as capacidades e recursos necesarios para instaurar un departamento de innovación. Os obradoiros fixeron fincapé “na enorme importancia da innovación en pemes e persoas autónomas nos tempos actuais, e tamén na provisión de ferramentas para levala a cabo”, sinalou a CEO.
As dúas sesións foron conducidas por Ángel Alba, experto en innovación con dúas décadas as súas costas de experiencia e traballo neste ámbito, primeiro en Procter&Gamble e logo como director dun centro tecnolóxico, ata que en 2012 fundou Innolandia, unha das consultorías de servizos de innovación de referencia en fala hispana, dende a que axudan aos profesionais da innovación a desenvolver produtos, procesos e organizacións innovadoras que melloren o mundo.
ceo_ourense_2023-11-8_taller_adn_innovador_2_.jpg A primeira sesión, celebrada en Allariz, desenvolveu as ferramentas para deseñar un plan de innovación nunha semana, seguindo unha metodoloxía que, aplicada a cada caso particular, permite aliñar a innovación cos obxectivos do negocio para poder empezar a traballar en proxectos de impacto. Os asistentes recibiron un manual que completaron durante o propio obradoiro cos elementos básicos do plan e os recursos necesarios para poñelo en práctica. A sesión presencial completarase con asesoramento en lña durante a vindeira semana para, o día 14, celebrar unha sesión de peche na que se verán os resultados deste plan semanal para innovar.
O segundo obradoiro, celebrado na sede da CEO, contou tamén coa presenza da técnico da área de Servizos de Gaina, Elena Polo, e a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, quen destacou o momento actual como “o axeitado para innovar” e “sen importar o sector, o tamaño ou a actividade, porque a innovación pódese adaptar e céntrase en explorar as oportunidades, probar, investigar e acadar resultados e, desde o inicio de Conecta Ourense o noso obxectivo final é conseguir na nosa provincia un tecido empresarial máis innovador”.
Construíndo o ADN innovador foi o lema desta segunda sesión, na que os participantes perseguiron a identificación das capacidades e procesos necesarias para innovar por parte dunha persoa, un equipo e un departamento de innovación. No transcurso do obradoiro os e as participantes realizaron diferentes diagnósticos sobre o seu ADN innovador, as capacidades de innovar dos seus equipos e as actividades dun departamento, para identificar os roles e persoas necesarias.
Durante o taller o relator presentou o seu libro Re-aprender a innovar, Manual de herramientas para innovar en un mundo loco, unha publicación que mostra como afrontar o día a día como profesional da innovación, ben desde o posto de director, xestor, consultor ou técnico, sobre todo cos cambios que atravesamos neste momento de grandes transformacións.
Estes obradoiros de innovación súmanse á extensa oferta de actividades da iniciativa Conecta Ourense da CEO que desde hai case dous anos desenvólvense para detectar o potencial innovador das pemes da provincia, e tamén para fomentar solucións innovadoras nos seus procesos e produtos e axudalas a conseguilo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?