Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN impulsa estadías formativas en Oxford para persoal investigador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN impulsa estadías formativas en Oxford para persoal investigador

S. P.
Publicado: 08/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231108estadiasoxford.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza por segundo ano consecutivo un programa formativo residencial que leva ao Reino Unido a cinco equipos formados por persoal investigador e xestor de transferencia dos centros de coñecemento galegos co obxectivo de acelerar, a través do mentoring, os proxectos nos que están a traballar en Galicia para que “dean o salto do laboratorio ao mercado”.
O asesoramento e a formación correrá a cargode Oxentia, organismo que naceu como división de Oxford University Innovation, a entidade de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford. Os equipos galegos participan, do 6 ao 11 de novembro, en parellas formadas por unha persoa investigadora e una persoa xestora de transferencia que conta coa certificación internacional RTTP (Registered Technology Transfer Professional).
Segundo informa GAIN, cada equipo recibe sesións de mentoring co obxectivo de que “sirvan para acelerar os proxectos de transferencia que están a desenvolver nas súas respectivas entidades, como poden ser un sistema para protección de avifauna baseado no uso de cámaras e técnicas de Intelixencia Artificial, un novo electrolito para baterías recargaeis de zinc-bromo, un recubrimento intelixente con propiedades radiantes e sensoras para crear superficies multifuncionais, un sistema para determinar a postura e o movemento da columna vertebral e un método para o curado de composites usando o quecemento interno a través do efecto Joule”.
Os equipos que asisten ás estadías formativas en Oxford pertencen ás seguintes entidades do sistema galego de innovación: a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
Estas estadías enmárcanse dentro do Programa Ignicia, promovido pola Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Fundación Barrié, que ten como obxectivo transferir os resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao mercado.
E no seo desta vista a Reino Unido, a Axencia Galega de Innovación e os participantes na estadía formativa do Programa Ignicia celebrarán un encontro cos investigadores e investigadoras da Sociedade de Científicos Españois no Reino Unido (CERU). O obxectivo desta sesión é dar a coñecer as características do ecosistema galego de I+D+i para o desenvolvemento dunha carreira investigadora, así como os apoios para atraer e reter talento investigador entre os que se encontran o Programa Oportunius e o Programa Ignicia, ademais doutras iniciativas da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?