Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto galego algaDRON quere revolucionar a explotación do medio mariño galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto galego algaDRON quere revolucionar a explotación do medio mariño galego

S. P.
Publicado: 08/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

anfaco_algadron_masa_algas_arribazon.jpgANFACO-CECOPESCA xuntou forzas con Soltec, o Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da Universidade de Vigo e a empresa tecnolóxica Hacce Solutions para lanzar o proxecto algaDRON. Cun orzamento de 1.993.869,36 € a executar ao longo de 36 meses dentro do marco da convocatoria de Proxectos de Colaboración Público-Privada da Axencia Estatal de Investigación, ten como obxectivo “desenvolver unha ferramenta integral revolucionaria destinada a mapear e realizar un seguimento continuo da cobertura vexetal emerxida no litoral costeiro galego”.
Segundo engaden dende ANFACO nun plano máis concreto, algaDRON ten como meta principal “optimizar a explotación das masas de algas, un recurso natural de crecente importancia socioeconómica na nosa comunidade, onde se estima que a cantidade de algas de arribazón xeradas oscila entre 5.000 e 7.000 toneladas/ano”.
ANFACO engade que a ferramenta desenvolvida non só busca aumentar a eficiencia na súa explotación, senón tamén anticiparse “ás posibles floracións de mareas vermellas ou de especies invasoras, que poderían ter un impacto negativo no ecosistema das rías galegas e un prexuízo económico para os actores da cadea mar-industria”.
O proxecto algaDRON empregará tecnoloxías de vangarda. Estas inclúen sensores hiperespectrais para a caracterización precisa das diferentes especies de algas presentes nas rías como Ulva Lactuca ou Chondrus Crispus así como sistemas de voo non tripulado alimentados por pilas de hidróxeno e teledetección satelital. Estas ferramentas avanzadas permitirán unha monitoraxe precisa e eficaz, consolidando o compromiso das entidades involucradas en abordar os desafíos ambientais e económicos asociados á xestión sostible dos recursos naturais no litoral galego.
“O proxecto algaDRON”, apuntan dende ANFACO e o resto das entidades implicadas, “representa un paso audaz cara a un futuro máis sustentable e ecolóxico para Galicia, mostrando como a innovación e a colaboración poden converxer para abordar os desafíos ambientais da nosa época”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?