Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bota a andar Talentia 2023 cun foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bota a andar Talentia 2023 cun foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 09/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

talentia_summit_santiago-4.jpgO auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago) acolle este venres ás 10.00 horas, o foro inaugural de Talentia Summit, feira organizada polo Concello compostelán que este ano leva por lema Coñeces o traballo do futuro? O evento contará coa participación de destacados expertos e expertas en innovación tecnolóxica e Intelixencia Artificial, políticas de conciliación e talento local. A nota musical da xornada poraa o grupo Eladio y los Seres Queridos.
A apertura do Foro Talentia correrá a cargo da primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; o secretario xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Pablo Fernández; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
As súas intervencións darán paso ás conferencias de nove destacados relatores, que reflexionarán sobre os cambios que supón a Intelixencia Artificial no mercado laboral, os novos modelos para o desenvolvemento do talento local, ou os restos das políticas de conciliación. O foro estará conducido pola xornalista Ainhoa Apestegui.
Relatorios
A primeira conferencia da xornada correrá a cargo de Alex Rayón, fundador e director executivo (CEO) de brainandcode.tech, que falará sobre Intelixencia Artificial Xerativa, un mundo de posibilidades laborais. Tras del, Susana Pascual, CEO en Pixelshub e divulgadora científica experta en disciplinas STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática), ofrecerá unha conferencia baixo o título Construíndo o teu futuro; falemos de liderado, STEAM e vocacións. Santiago Domínguez, CEO e co-fundador de Mestrelab Research, ten prevista unha intervención titulada Transformando unha economía rexional a través do emprendemento, a innovación, a dixitalización e as ciencias da vida. Con persoas, por persoas e para persoas“.
Pola súa banda, a directora executiva de LiKaDI e creadora de SinGENEROdeDUDAS, Carmen Castro, reflexionará sobre se Podemos alcanzar unha verdadeira conciliación laboral?, e Tino Fernández, presidente executivo do grupo galego Altia e vicepresidente do Clúster TIC de Galicia, falará sobre Tecnoloxía. A gran oportunidade.
O Foro Talentia continuará coas intervencións de Ignacio Ramos, director cooperativo de estratexia de persoas e infraestruturas de GMV, sobre Intelixencia Artificial xerativa, non destrutiva; Anna Cabó, fundadora de LaGroc, en torno ás Políticas de conciliación e retención do talento; e Guillem García Brustenga, experto en transformación dixital da educación na UOC, cunha charla titulada Máis alá da dixitalización: educación e emprego na era da IA. A última conferencia da xornada correrá a cargo de Isabel Pernas, vicepresidenta de Creativas Galas, que falará sobre O impacto do talento creativo na economía circular.
Feira Talentia
A Feira virtual de Talentia Summit xa está tamén aberta ao público, e conta con máis de 25.000 usuarios e usuarias únicas na web talentiasummit.com. Desde ese portal pódese acceder a un amplo catálogo de actividades gratuítas, cunha gran oferta formativa. Nos cursos 100% en liña para a súa realización por libre xa se esgotaron as máis de mil prazas dispoñibles, pero aínda se aceptan reservas para acceder á plataforma Linkedin Learning; para cursos en aula virtual con titor en directo; mentorías profesionais; ou cursos para a obtención de certificacións profesionais. A través da web tamén foron xa intermediados máis de 700 currículos, e fixéronse case 400 reservas de citas con empresas e para mentorías profesionais.
O próximo luns, celebrarase a feira presencial do Talentia no Palacio de Congresos, con stands de diferentes empresas e unha ampla oferta formativa. En concreto, prevense 19 cursos cun total de máis de 300 prazas, a maioría deles ofertados en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, e tamén da man de Creativas Galegas. Así, haberá talleres de comunicación, técnicas de venda, uso de aplicacións móbiles para a procura de emprego, introdución á Intelixencia Artificial, paquetería creativa ou seguridade alimentaria.
A oferta presencial complétase cun espazo para as asesoramentos (mentoring), con 350 prazas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?