Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Destacan no Campus de Pontevedra as vantaxes diferenciais da creación de contidos na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Destacan no Campus de Pontevedra as vantaxes diferenciais da creación de contidos na Rede

S. P.
Publicado: 09/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pocomunicagalego2.jpgO emprego do galego pode ser unha ferramenta axeitada coa que chegar a múltiples públicos a través da Rede. Esta foi unha das conclusións que este martes 7 de novembro puxeron de relevo as e os participantes en Comunica en galego, xornada impulsada pola Facultade de Comunicación, co patrocinio da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, que tiña como obxectivo “dar visibilidade aos creadores e creadoras de contido en galego en distintas redes”, como salientou o seu coordinador, o profesor Xosé Baamonde.
O encontro contou coas intervencións de Borxa González, da comunidade Orgullo Galego; Uxío Broullón, de PodGalego, da tiktoker Leti Da Taberna e do creador da canle A Lobeira Today, Fran Bermúdez.
Con máis de 400.000 seguidores de preto de 80 países nas diferentes redes sociais, a experiencia de Orgullo Galego centrou o primeiro dos relatorios da xornada. Un dos seus impulsores, Borxa González, relatou a traxectoria dunha iniciativa que naceu como unha páxina de Facebook e que se converteu “nunha comunidade que chega a milleiros de persoas, facendo contidos exclusivamente en galego”, o que demostra, sinalou, que o idioma “non é un atranco”, senón “unha ferramenta que pode axudar a chegar a moitísima xente” e coa crear todo tipo de contidos.
xornada_galego_uvigo_campus_pontevedra.jpg A importancia que ten nese senso xerar contidos de diferentes temáticas e tipoloxías de cara a mostrar que o galego é un idioma “tan válido como calquera outro” foi unha das cuestións salientadas a continuación por Uxío Broullón, un dos fundadores de PodGalego, un espazo nacido hai máis de 15 anos co obxectivo de reunir nun mesmo portal todos os podcast en galego, que aglutina a día de hoxe máis de 130 espazos, “de todas as temáticas que te poidas imaxinar”.
“O galego na Rede pode ter a mesma utilidade que calquera outra lingua en todos os contextos”, engadiu Leticia Mirás, a impulsora da canle de TikTok Leti Da Taberna, con máis de 20.000 seareiros. Nesta canle achega unha serie de pezas marcadas por un “humor moi particular” e polo uso da retranca, o que levouna incidir en que “fóra do galego, o meu contido non tería sentido”. Nese senso, subliñou tamén que o uso dun idioma “non lle vai dar valor por si só” aos contidos, mais tamén recalcou que “hai cousas que podemos transmitir mellor na nosa lingua.
A sesión pechou da man de Fran Bermúdez, impulsor da canle A Lobeira Today, que centrou a súa intervención en presentar a asociación cultural Obradoiro Dixital Galego. “É un aglutinador das tres grandes comunidades galegas de creación de contido, PodGalego, Twitch en galego e Youtube en galego”, explicou dunha iniciativa que busca fortalecer o “tecido” de creadores e creadoras de contidos. Lembrou tamén que esta asociación conta cun espazo web onde o alumnado pode coñecer que tipos de contidos en galego existen na rede, pero tamén “comprobar o que non hai”, lembroulles, de cara a impulsar novas iniciativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?