Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN e Ellas Vuelan Alto reivindican o talento feminino no sector aeroespacial galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN e Ellas Vuelan Alto reivindican o talento feminino no sector aeroespacial galego

S. P.
Publicado: 09/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gain_ellas_vuelan_alto_231109_presentacion_003x.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) acolleu esta tarde o lanzamento da nova delegación en Galicia de Ellas Vuelan Alto, asociación que busca avanzar na visibilización da muller no sector aeroespacial, unha misión na que tamén se está a traballar desde o Polo Aeroespacial de Galicia (GAIN). A directora da axencia, Patricia Argerey, participou no evento, no que moderou unha mesa redonda sobre a estratexia aeroespacial en Galicia e os seus retos de futuro e dende a que convidou ás persoas asistentes a sumarse a Ellas Vuelan Alto.
A mesa de debate contou coa participación de mulleres referentes do sector aeroespacial galego e do ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia.
A asociación suma máis de 50 empresas e colaboradores así como máis de cen socios individuais en toda España.
Segundo apuntou Argerey, “Galicia conta con programas formativos con capacidade para xerar, atraer e reter talento no sector aeronáutico e aeroespacial, que ten unha gran proxección profesional”. Mencionou como exemplos o Ciclo Superior de Mantemento Aeromecánico do CIPF As Mercedes de Lugo; o grao en Enxeñaría Aeroespacial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, no que un 45 % do alumnado do curso 2022-2023 son mulleres, a cifra máis alta desde o seu inicio e moi por riba da media da presenza de mulleres en carreiras STEM en España, que se atopa no 15 %; o mestrado universitario en Enxeñaría Aeronáutica da Universidade de Vigo, que habilita para o exercicio da profesión da enxeñaría aeronáutica; e o mestrado universitario en Sistemas Aéreos Non Tripulados da UVigo e a USC.
gain_ellas_vuelan_alto_231109_presentacion_006x-2.jpg Ademais, engadiu, o Polo Aeroespacial de Galicia dispón dun programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, “con especial atención ás nenas e mozas”, e que inclúe actuacións como a Aula Newton permanente en Tecnópole, que este ano celebra a súa 3ª edición, e obradoiros e visitas tanto ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) como ás empresas do Parque Tecnolóxico e Industrial, por exemplo as promovidas por Avincis, que están orientadas a centros educativos de Educación Secundaria e que se retomarán no mes de decembro.
Tamén lembrou que a Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de proxectos empresariais especializados no segmento dos vehículos non tripulados do Polo Aeroespacial de Galicia, “consolídase como un foco de atracción para emprendedores de todo o mundo, acadando nesta 5ª convocatoria o seu teito de participación, ao recibir 144 propostas de 26 países”. Coas 12 empresas que se incorporaron a semana pasada á nova edición da BFAero son xa 42 os proxectos empresariais incubados, acelerados ou consolidados no programa, explicou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?