Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Na Rede unha guía didáctica sobre Frei Sarmiento impulsada polo IEGPS co apoio de Política Lingüística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Na Rede unha guía didáctica sobre Frei Sarmiento impulsada polo IEGPS co apoio de Política Lingüística

S. P.
Publicado: 09/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

frei_martin_sarmiento_csic_politica_linguistica.jpgO Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro de investigación mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia (XUGA), presentou na mañá deste xoves 9 de novembro a guía didáctica Frei Martín Sarmiento, iniciativa promovida polo devandito Instituto no marco da conmemoración, en 2022, dos 250 anos do falecemento do relixioso beneditino e escritor, padroeiro do IEGPS. A obra, dunhas 60 páxinas, está editada por Editorial CSIC e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Foi lanzada tamén en versión dixital a través da Rede.
O acto de presentación contou coas intervencións do director do IEGPS, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda; Jeniffer Fernández González en representación dos autores (ela mesma, Miguel García Fernández e María Rivo Vázquez, persoal técnico de investigación do IEGPS), da ilustradora, Patricia Díaz Soto, e do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.
Segundo fixeron saber, trátase da primeira guía didáctica que se elabora desde o IEGPS e “é unha mostra máis do decidido compromiso deste centro coa divulgación científica”.
Está escrita integramente en galego, lingua de Martín Sarmiento (máis coñecido como Padre Sarmiento ou Frei Sarmiento) e o seu obxectivo é achegar, dun xeito divulgativo, a vida, viaxes, escritos e pensamento do escritor e relixioso sobre temas tan diversos como as ciencias naturais, o patrimonio documental e histórico-artístico, a lingua galega ou a condición das mulleres. Todo iso a través de textos, ilustracións e actividades que se acompañan dun xogo de cartas sobre o patrimonio monumental que puido ver Frei Martín Sarmiento nas súas viaxes a Galicia.
Publicouse en versión impresa, cunha tirada non venal de 500 exemplares, e tamén se pode descargar gratuitamente na páxina web do IEGPS e na de Editorial CSIC. O mesmo equipo está a traballar nunha nova guía sobre o Seminario de Estudos Galegos no marco das conmemoracións polo centenario da súa fundación. A súa publicación estímase para 2024, tamén baixo o selo de Editorial CSIC.
Na presentación Valentín García destacou a necesidade de achegarlles aos máis novos a figura de Frei Martín Sarmiento, “un home con intereses amplísimos e que, a pesar de vivir moito tempo fóra de Galicia, sempre amosou preocupación pola súa lingua, pola súa cultura e, en xeral, polo seu progreso”. O secretario xeral de Política Lingüística considerou que materiais como “esta rigorosísima, coidadísima e divertida guía didáctica son moi útiles para divulgar entre a rapazada a vida, a obra e o exemplo do frade bieito”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?