Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Youtubeiras desembarca nos centros de ensino de Santiago, Pontevedra e Moaña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Youtubeiras desembarca nos centros de ensino de Santiago, Pontevedra e Moaña

S. P.
Publicado: 09/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

youtubeiras_santiago.jpgAo abeiro do proxecto Youtubeiras, destinado a encher as redes de audiovisuais en galego (e a premiar os esforzos das nosas novas creadoras e creadores), María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, arrincaron os encontros co alumnado nunha xira de obradoiros que nunha primeira quenda visita centros educativos de Santiago, Pontevedra e Moaña.
7.500 euros en premios
Os Premios Youtubeiras, que repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras nas diferentes categorías, manteñen o prazo de inscrición aberto ata o vindeiro 17 de novembro ás 23:59 h. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade da Coruña
Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, está inmerso xa no seu programa de visitas de difusión e formación a centros de ensino para achegar á rapazada o traballo de youtubeiros e youtubeiras de gran repercusión na nosa lingua.
María Rúa e Nuría Espasandín collen a remuda
Se en edicións anteriores, Mario Brión ou Nee Barros conduciron os encontros co alumnado, este ano María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, son as encargadas de levar a súa experiencia ao alumnado de centros pertencentes aos diferentes concellos que promoven o proxecto Youtubeiras dende o ano 2017. Nunha primeira quenda desta xira de difusión, as dúas creadoras están a acudir a centros de Pontevedra, Moaña e Santiago de Compostela para amosar á rapazada a realidade do galego como ferramenta de creación e posicionamento na Rede, as súas traxectorias como creadoras audiovisuais e as claves precisas tanto para coñecer este mundo virtual como para sumarse a el.
En concreto, esta campaña de difusión polo sistema educativo principiou xa o pasado 27 de outubro no Colexio Plurilingue Calasancio e continuou o martes 31 no CIF Carlos Oroza, ambos os dous de Pontevedra. O pasado venres 3 de novembro as youtubeiras achegáronse ao IES As Barxas de Moaña e as seguintes paradas serán no IES Pontepedriña (Santiago, 10 de novembro), no IES Luís Seoane (Pontevedra, 14 de novembro), no IES Valle-Inclán (Pontevedra , 21 e 28 de novembro) e no IES Sánchez Cantón (Pontevedra, 24 de novembro). Os centros pertencentes aos concellos promotores de Youtubeiras pódense inscribir para participar nesta campaña de difusión a través do correo premios@youtubeiras.gal.
Prazo ata o 17 de novembro
Os Premios Youtubeiras, que neste 2023 acadan a súa sétima edición, manteñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 17 de novembro ás 23:59 h. As persoas participantes deberán inscribirse a través da web youtubeiras.gal e os vídeos que se presenten deberán ter data de subida posterior ao 15 de novembro do 2022. As categorías este ano volven ser as seguintes: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e o Premio do Público. Todos os apartados están dotados con 1.000 euros, agás o último ao que se destinan 500 euros. En total, o certame reparte entre as propostas gañadoras 7500 euros. Ata o de agora, inscribíronse 33 canles para concorrer nesta sétima edición.
O xurado deste 2023 está formado por Nee Barros (@neeumatiko), divulgadore cultural, escritore e youtubeire, quen se fixo co galardón a Youtubeira/o na pasada edición; Fátima Souto Muñiz, bolseira do Servizo de Normalización do Concello de Ames; Irene Pin, creadora audiovisual; Rodri Míguez, xornalista musical e membro de equipos de comunicación de festivais e artistas, e Belén Puime, creadora de contido audiovisual a través do perfil @pringadas.serie tanto en TikTok como en Instagram.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?