Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cámara pontevedresa impulsa a transformación dixital cun ciclo de xornadas hubNET
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cámara pontevedresa impulsa a transformación dixital cun ciclo de xornadas hubNET

S. P.
Publicado: 10/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

hubnet_xornadas_programa.jpgA Cámara de Comercio Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa envórcase coa transformación dixital das pemes e o emprendemento a través da iniciativa dixital hubNET, no marco da que se organiza un amplo ciclo de xornadas baixo o título Constrúe o teu futuro na era dixital. O programa inclúe un total de 9 eventos, entre conferencias, seminarios e xornadas técnicas, que se celebrarán en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra e que están dirixidos a sectores estratéxicos en Galicia: forestal, transporte e loxística, turismo e comercio comerciante polo miúdo.
O ciclo arrinca o mércores 15 de novembro, cando terá lugar en Pontevedra un seminario especializado dirixido ao sector da loxística, no que se tratará A loxística de última milla como unha oportunidade no emprendemento. Correrá a cargo de José Carlos García, secretario xeral da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (FEGATRAMER), e celebrarase ás 18.00 horas na sede de Afundación de Abanca, no 2 da rúa Augusto González Besada.
O xoves 16 de novembro, tamén en Pontevedra, celebrarase unha xornada técnica impartida por Julián Sobrino, xefe de equipo de Bahía Software, e dirixida ao sector forestal: Solucións tecnolóxicas para a mellora do sector forestal. Será ás 12 horas na Escola de Enxeñaría Forestal (A Xunqueira, s/n – Pontevedra).
O ciclo prosegue o seu calendario o martes 21 de novembro, con dobre programación en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. Ás 12 horas, a sede de Afundación de Abanca en Pontevedra acolle a conferencia A irrupción da Intelixencia Artificial nas empresas, a cargo de Álvaro Gómez, decano e profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE). Pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar na sede da Cámara en Vilagarcía unha nova xornada técnica, dirixida nesta ocasión ao sector do turismo, co título Solucións tecnolóxicas para a mellora da xestión do turismo, que imparte Santiago Paz, xerente de Dos Espacios.
O xoves 23 de novembro este ciclo poñerá novamente o foco no turismo, coa conferencia sectorial A transformación dixital do turismo, a cargo de Santiago Paz, xerente de Dos Espacios. Celebrarase en Pontevedra, na sede de Afundación (Abanca) ás 12.00 horas.
O programa de xornadas complétase na última semana de novembro, con tres eventos centrados no sector do comercio. O martes 28 de novembro, ás 12.00 horas, celébrase na sede da Cámara de Comercio en Vilagarcía a xornada técnica Solucións tecnolóxicas para a mellora da xestión do comercio, que impartirá Santiago García, director de Stin.
O mércores 29 de novembro, tamén na sede cameral en Vilagarcía de Arousa, terá lugar a conferencia Como aplicar a intelixencia do dato para a xestión das pemes, a cargo de Manuel Balseiro, director da área TIC do Grupo Alvariño.
Pola tarde, ás 18.00 horas, o ciclo péchase na sede de Afundación en Pontevedra cunha nova conferencia sectorial dirixida ao comercio, O comercio de proximidade, cara á transformación dixital, que imparte Moisés Mateo, responsable de operacións de Galvintec.
O ciclo finaliza o xoves 30 de novembro, co seminario Como impulsar o teu comercio na era do e-commerce, impartido novamente por Moisés Mateo, de Galvintec Será ás 12.00 horas na sede da Cámara de Comercio en Vilagarcía (Avda. Doutor Tourón, 46 – Vilagarcía de Arousa).
Respecto da iniciativa dixital hubNET, esta implica a posta en marcha dous centros conectados en Pontevedra e Vilagarcía enfocados á transformación dixital das pemes e ao emprendemento en sectores estratéxicos do tecido económico galego: industrias forestais, transporte e loxística; turismo e comercio comerciante polo miúdo.
O proxecto dixital hubNET está co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través da Fundación INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 dentro do eixo 3, que ten como obxectivo mellorar a competitividade das pemes e o fomento do espírito empresarial promovendo a explotación económica de novas ideas e promovendo a creación de novas empresas.
O gran obxectivo de dixital hubNET será “contribuír e apoiar a modernización e sustentabilidade do tecido produtivo da demarcación, a través do investimento en I+D+i na actividade habitual das empresas, nunha contorna de colaboración e de xeración de sinerxías entre entidades, startups e firmas tractoras”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?