Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra de Feminismos 4.0 promoveu un maratón creativo para combater as violencias na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra de Feminismos 4.0 promoveu un maratón creativo para combater as violencias na Rede

S. P.
Publicado: 10/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maraton_feminismos_uvigo_catedra_pomaraton4.jpgTres artistas e deseñadoras formadas na UVigo compartiron este 10 de novembro, xoves, unha xornada de traballo conxunto na Casa das Campás, onde se desenvolveu o primeiro Maratón de Creacións Dixitais Feministas da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo, impulsada pola institución académica viguesa e a Deputación de Pontevedra co obxectivo de “incrementar a presenza das mulleres nas áreas STEM e de evitar que se reproduza a desigualdade de xénero no ámbito dixital”. O maratón, unha das novidades do programa da Cátedra para 2023, buscou xerar un conxunto de obras dixitais con licencia Creative Commons que puideran empregarse “contra as violencias de xénero nas redes”, como sinalan desde 7h Cooperativa Cultural, responsable das dinámicas de traballo desta xeira de traballo.
Para esta iniciativa foron seleccionadas tres creadoras de diferentes ámbitos, que traballan por primeira vez conxuntamente neste proxecto.
Egresada da Facultade de Comunicación, unha delas foi a deseñadora gráfica Raquel Boo Anderson, quen foi fundadora do estudio Ekinocio Comunicación e que tomou parte activa no colectivo Gráficas en Negro, que traballa pola perspectiva de xénero no deseño. Graduada en Belas Artes e egresada do mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, a artista, poeta e deseñadora Lupita Hard foi outra das protagonistas deste maratón. O seu traballo esta vinculado ao mundo do grafitti, a arte contemporánea, o animalismo e o feminismo e é coñecida polas súas intervencións no ámbito urbano. Por último, este equipo de traballo completouse coa filóloga e artista multidisciplinar Xandra Táboas, graduada en Estudos de Galego e Español pola UVigo, quen emprega nas súas creacións elementos como a poesía, a escrita experimental, a instalación, as artes do movemento ou o vídeo e a fotografía.
feminismos_uvigo_catedra_maraton_pomaraton1.jpg Todas elas, acudiron a esta xornada co bosquexo dunha peza propia, co obxectivo de que servise como punto de partida para logotipo, a través dunha serie de dinámicas individuais e grupais, comezar a dar forma ás diferentes obras. Os resultados deste maratón presentaranse o vindeiro xoves 16, na Facultade de Comunicación, nunha nova edición do workshop Sociedade dixital e xénero Hackeando o patriarcado da Cátedra de Feminismos 4.0. Estas dúas actividades insírese á súa vez na programación da Unidade de Igualdade da UVigo con motivo do 25N.
Ecosistema dixital feminista: a feminisfera en construción será o lema da quinta edición deste workshop, que busca promover unha reflexión sobre a creación de contidos feministas e a construción da denominada “feminisfera ou ecosistema feminista online”, como forma de frear as novas estratexias patriarcais que se manifestan a través da misoxinia dixital da manofesra, a comunidade de homes que comparten contidos sexistas ou antifeministas nas redes. O obxectivo, sinalan desde a organización, “é coñecer como se está construíndo” esa feminisfera no ámbito dixital, a través da análise e do traballo das creadoras de contido e das artistas e activistas dixitais, “para así identificar, visualizar, tecer redes e reflexionar sobre a misioxinia presente” nas redes.
uvigo_catedra_feminismos_poworkshop2.jpg A xornada poderá seguirse tanto de xeito presencial, na Facultade de Comunicación, como a través de UVigo TV, e nela participarán mulleres referentes en xénero nos ámbitos da investigación, o xornalismo, a arte, a poesía, a ilustración ou a creación audiovisual. O evento arrancará coas intervencións da investigadora María Isabel Menéndez, centrada na análise feminista da comunicación na prensa, a publicidade, o cinema, a televisión e produtos culturais dixitais; a xornalista e ciberactivista Andrea Momoitio, socia fundadora da revista feminista Pikara Magazine. A continuación terá lugar unha mesa redonda na que participarán a ilustradora Sara Herranz, autora da reedición ilustrada de A muller rota de Simone de Beauvoir; a artista Gemma Marqués, responsable do espazo de creación alternativa La Casa Taller, na Guarda; e a poeta a creadora audiovisual Nuria Vil, coa directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, como moderadora.
A xornada pecharase coa presentación das pezas resultantes deste maratón, que a partir de aí estarán dispoñibles para a súa descarga, á vez que se difundirán a través das redes socias co cancelo #Insumusers, que toma o seu nome dun colectivo francés de videoartistas da década de 1970. Así mesmo, durante a xornada tamén estarán expostos os pósters das seis investigacións financiadas pola cátedra neste 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?