Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Galvintec presenta Moodular, unha solución integral para o comercio electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Galvintec presenta Moodular, unha solución integral para o comercio electrónico

S. P.
Publicado: 10/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galvintec_moodular.jpgUnha parte importantes das principais empresas e expertos do sector a nivel nacional de venda en liña reuníanse este xoves 9 de novembro en Pontevedra no encontro Ecommerceday, organizado polo Cluster do E-commerce Galego Mercadotecnia4eCommerce. Co gallo desta celebración a empresa Galvintec, firma TIC do Grupo Alvariño especializada en desenvolvementos para o e-commerce, presentaba Moodular, unha plataforma 4.0 que permite xestionar de maneira integral todos estes procesos incluídos na venda online.
Segundo explicaron os responsables de Galvintec, “as empresas con canles de venda en liña precisan unha solución integral e eficiente para a xestión do seu inventario, a sincronización cos marketplaces nos que comercializan os seus produtos e a optimización da súa loxística”. Para afrontar estes problemas nace Moodular e dar resposta a esta necesidade das pemes no seu salto ao mercado online, Galvintec ideou esta solución dixital punteira con selo galego.
Segundo Moisés Mateo, o director de Operacións (COO) de Galvintec: “Moodular é unha plataforma baseada na nube que inclúe solucións de comercio electrónico nativas, módulos específicos para a sincronización cos marketplaces e unha solución de Software de Xestión de Almacéns (SGA) de última xeración para a optimización da loxística”. Engadiu que “ao achegar solucións de e-commerce nativas e nunha soa plataforma, con Moodular as pemes (pequenas e grandes empresas) poden evitar a necesidade de adquirir e configurar solucións de terceiros, aforrando tempo e reducindo o custo da xestión da súa canle dixital, e permitindo ademais personalizar estas solucións á medida da empresa”.
galvintec_moises_mateo.jpgCon Moodular, desde unha única plataforma as empresas poden comercializar en múltiples canles (web propia ou marketplaces), chegando a un público máis amplo e aumentando así a visibilidade dos seus produtos e as súas posibilidades de venda. Desde esta ferramenta, tamén poden acceder a toda a información en tempo real: estado dos pedidos, métricas de vendas e xestión do inventario, todo iso coa máxima facilidade de uso. Traducíndose isto nunha aprendizaxe do seu manexo moi doada por parte do equipo e fai que o proceso de vendas incremente a súa eficiencia.
En resumo, Moodular proporciona unha solución integral que axuda ás empresas a xestionarse de maneira eficiente e a optimizar as súas vendas en liña.
Por outra banda, o crecemento da canle de venda dixital implica para as empresas a necesidade de optimizar a xestión dos seus almacéns. Para iso, Galvintec presentou tamén unha segunda ferramenta que complementa a xestión integral que dá Moodular. Trátase de SmartGecko, unha solución que combina recursos punteiros baseados na Intelixencia Artificial e a realidade aumentada para avanzar cara a un modelo de almacén 4.0.
O proxecto, froito do traballo conxunto liderado por Galvintec, con Amodo Soluciones eSIMER-Grumerosa, é un dos desenvolvementos seleccionados no Programa ConectaHubs da Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), dirixido a promover accións colaborativas entre empresas nas áreas de especialización dos hubs de innovación dixital estratéxicos para a Comunidade. SmartGecko permite aproveitar mellor o espazo, aforrar en custos de desprazamento polo almacén, mellorar a precisión no proceso de picking, automatizar tarefas de rexistro e minimizar erros, facilitando en toda a cadea o traballo do persoal de almacén coa tecnoloxía 4.0 como aliada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?