Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN impulsará a participación das nosas pemes en programas de financiamento europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN impulsará a participación das nosas pemes en programas de financiamento europeos

S. P.
Publicado: 10/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20231110gainprogramaseuropeos.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou na mañá deste 10 de novembro nunha xornada de presentación dos novos servizos para fomentar a participación das entidades galegas, especialmente das pemes, en programas de financiamento da I+D+i europeos. Segundo fixo saber a directora da axencia, estes novos servizos inclúen apoio e acompañamento para acceder ás convocatorias europeas, accións informativas e de posicionamento e novas liñas de axudas, financiadas con fondos FEDER 2021-2027.
Argerey inscribiu estes apoios “no obxectivo de posicionar Galicia a nivel internacional como un territorio excelente no ámbito da I+D+i e impulsar a visibilidade e apertura internacional do ecosistema galego de innovación”. Para iso, sinalou que “é preciso seguir aumentando a participación galega nos programas de financiamento europeos, unha tendencia que se vén consolidando nos últimos anos”.
Argerey apuntou que a captación de fondos nos programas de I+D+i europeos por parte das entidades galegas “foi moi positiva”, pasando de 87 millóns de euros no VII Programa Marco a 191 millóns de euros en Horizonte 2020. Esta mellora, dixo, foi tanto cualitativa, con actividades lideradas por entidades galegas, como cuantitativa, ou sexa, no relativo á porcentaxe de fondos captados polas entidades galegas respecto do total. A taxa de éxito das pemes galegas tamén mellorou de xeito notable, explicou, recoñecendo, porén, que “segue por debaixo da media nacional e europea”. Precisamente para fomentar a súa participación, impulsáronse estes novos instrumentos de apoio, especialmente pensados para as empresas, en particular, as pemes.
Entre os novos servizos de impulso á participación das pemes galegas nos programas de financiamento europeo distínguense servizos de apoio e acompañamento, así como novas liñas de axuda. Os servizos de apoio e acompañamento inclúen o diagnóstico a pemes para coñecer a capacidade de participar en programas de I+D+i europeos; o deseño de itinerarios personalizados a pemes e empresas de capital medio interesadas en participar en proxectos Horizonte Europa (identificación de oportunidades, xeración de ideas, establecemento de redes e colaboracións, estruturación de proxectos e asesoramento na formación de consorcios) para mellorar a calidade das solicitudes, incrementando así as posibilidades de obter financiamento; unha nova edición do Ciclo Europa, xornadas informativas para informar das últimas convocatorias de Horizonte Europa; e un servizo de observatorio de convocatorias polo que se elaborarán fichas daquelas relevantes para as empresas galegas.
Ademais, realizaranse accións de busca de socios en Horizonte Europa e de oportunidades de colaboración para as empresas galegas a través do contacto con redes europeas nas que participa a Axencia Galega de Innovación e de posicionamento en Bruxelas, acompañando ás empresas para mellorar o seu coñecemento e situación á hora de formar redes de colaboración.
Por último, financiaranse con fondos FEDER 2021-2027 varios apoios orientados a articular sinerxías e complementariedades cos fondos europeos de I+D+i: bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i a través da contratación de consultoras expertas; rescate de selos de excelencia da Comisión Europea; e co-financiamento de iniciativas estratéxicas para Galicia que xa conten con financiamento europeo. O formulario de inscrición para acceder a estes servizos xa está dispoñible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?