Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hifas da Terra, SAEGA e o grupo de Investigación LIA reciben os Premios Spin-Off PuntoGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hifas da Terra, SAEGA e o grupo de Investigación LIA reciben os Premios Spin-Off PuntoGal

S. P.
Publicado: 10/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_spin_off_puntogal_pb100239.jpgA entrega de premios da VII edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que distingue ás empresas e grupos máis innovadores da economía e da rede de investigación galegas, celebrábase este venres 10 de novembro no Edificio Fontán da compostelá Cidade da Cultura de Galicia.
Os galardoados foron: as empresas Hifas da Terra e SAEGA e o grupo de Investigación Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial LIA (2).
O acto, presentado pola xornalista Lara Capelo, acudiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Manuel Lema Rodicio, representantes das universidades galegas e outras personalidades do mundo da ciencia e da cultura.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, felicitou aos gañadores e gañadoras desta edición por representar “á Galicia audaz” e tamén pola súa aposta polo papel das mulleres na empresa e polo uso da lingua galega. Tamén aludiu á necesidade de que as universidades galegas poidan reter o talento xerado nas súas aulas e reivindicou a necesidade de seguir loitando para que as mulleres teñan o espazo que merecen nas empresas TIC e nos seus equipos directivos.
Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta, Judith Fernández, sinalou que a universidade pública é un verdadeiro motor de xeración de coñecemento que deber de ser aplicado no mundo empresarial.
Edita de Lorenzo, representante de PuntoGal e membro do xurado dos Premios, explicou a dificultade da tarefa do xurado para elixir entre propostas de moita calidade e salientou que a investigación segue a estar inxustamente valorada e debe contar con maior apoio. Finalmente, o director de comunicación de Gadis, José Luis Fernández, subliñou o feito de que dous dos proxectos premiados (SAEGA e Hifas da Terra) saíron da Galicia rural.
No apartado Selo de Calidade, que distingue a empresas innovadoras que consolidaran unha traxectoria de prestixio, o premio foi para a empresa Hifas da Terra, compañía pontevedresa que leva xa 25 anos de traxectoria e consolidouse coma empresa biotecnolóxica líder en Europa na comercialización de produtos sanitarios e farmacéuticos baseados en fungos. O diretor Comercial de Hifas da Terra, Iván Antón, foi o encargado de recoller o premio.
Na categoría Idea Emerxente, que premia a empresas de nova creación ou que levaran ao mercado unha idea innovadora recentemente, a gañadora foi a empresa Soluciones Aeronáuticas de Galicia (SAEGA) de Serra de Outes. A compañía está a desenvolver un proxecto empresarial para poñer no mercado o vindeiro ano un tipo de dron, o Anduriña 25, con características moi especiais. Un dos socios fundadores da empresa, Oscar Piñeiro, recolleu o galardón.
No apartado de Grupos de Investigación, o xurado elixiu como gañador ao Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial LIA (2), un grupo integrado no CITIC da Universidade da Coruña, composto por investigadores de diferentes áreas que traballan na aplicación das tecnoloxías da información e as comunicación. Carlos Dafonte, principal responsable do grupo, recolleu o premio.
Entre os obxectivos destes galardóns figuran recoñecer a transferencia de coñecemento entre a Universidade e a Empresa e alentar o emprendemento que xurde desde os grupos de investigación universitarios. Tamén se tiveron en conta polo xurado factores como a capacidade de internacionalización dos proxectos presentados e a participación da muller nestas iniciativas.
As integrantes do xurado foron as investigadoras Edita de Lorenzo, María José Rodríguez Malmierca, Andrea Muras e Sonia Martínez Arca, a representante da Secretaría Xeral de Universidades, Irene Bonome Gradaille, e a CEO da empresa Galchimia, Carme Pampín.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?