Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nós Televisión e O Transistor, gañadoras da sexta edición do Premio Lingua e Empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nós Televisión e O Transistor, gañadoras da sexta edición do Premio Lingua e Empresa

S. P.
Publicado: 10/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gala_premios_lingua_empresa9.jpgO auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves 10 de novembro a gala de entrega da sexta edición dos premios Lingua e Empresa organizados pola Concellaría de Normalización Lingüística de Ames. As empresas galardoadas foron, a canle de contidos Nós Televisión, situada no parque empresarial Novo Milladoiro, na categoría de Uso consolidado da lingua galega; e mais o establecemento hostaleiro O Transistor, que está situado na rúa do Pedregal, en Bertamiráns, na categoría de Nova incorporación á lingua, ao ser unha empresa que se creou nos últimos dous anos. Os dous representantes das empresas gañadoras recibiron unha figura conmemorativa e un diploma, que se engaden á dotación de 1.500 euros e á campaña de difusión en Ames Radio cos que se premiaba a cada categoría.
Manolo Maseda e Xurxo Souto foron os encargados de conducir e amenizar a Gala Lingua e Empresa, que se celebrou este pasado xoves, 9 de novembro, pola tarde, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. No acto estiveron presentes a práctica totalidade das empresas que se presentaron ao certame este ano. Das 33 entidades presentadas acudiron un total de 30. Ademais, asistiu o alcalde e responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Blas García, e varios concelleiros/as do goberno municipal e dos grupos municipais do Partido Popular e BNG.
Empresas gañadoras da quinta edición do Premio Lingua e Empresa
gala_premios_lingua_empresa11.jpg Na categoría A, de uso consolidado da lingua, na que participaron empresas que realizan un uso estable e continuado da lingua galega dende hai máis de dous anos, a empresa escollida polo xurado foi Nós Televisión, situada na rúa das Hedras do parque empresarial do Milladoiro, “polo seu labor decidido, coherente e comprometido a prol da normalización lingüística no eido empresarial”. O xurado destaca “a coherencia desta proposta, tanto nos usos lingüísticos internos como nas súas redes e na propia programación, con contidos integramente en galego e con espazos centrados tamén na normalización lingüística en diferentes ámbitos sociais”.
Salienta tamén que sexa “a única canle audiovisual xurdida da iniciativa privada que fai unha aposta decidida por comunicar todo o seu contido integramente na lingua propia do país e por darlle voz a diferentes iniciativas e colectivos que traballan a prol da lingua”. Nesta categoría participaron un total de 20 empresas.
Na categoría B, nova incorporación ou creación, participaron empresas que se crearon nos últimos dous anos ou que se incorporaron ao galego dentro dese mesmo período. A empresa premiada foi o establecemento hostaleiro O Transistor, situado na rúa do Pedregal, en Bertamiráns, pola “súa actividade regular e implicada a prol da normalización lingüística no eido da hostalaría usando o galego como elemento de marca e de imaxe do propio establecemento e por incorporar desde o seu nacemento a lingua á súa actividade, de maneira coherente e implicada, tanto en toda a comunicación interna como nos servizos hostaleiros e culturais que ofrece”.
Os dous representantes das empresas gañadoras recibiron unha figura conmemorativa elaborada e deseñada pola firma amesá de artesanía galega Sivereira e un diploma acreditativo, que se engaden á dotación de 1.500 euros e á campaña de difusión en Ames Radio cos que se premiaba cada categoría.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?