Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal publica unha guía de seguridade co gallo do Día de máis que un contrasinal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal publica unha guía de seguridade co gallo do Día de máis que un contrasinal

S. P.
Publicado: 10/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

puntogal_0863_teclado_1_or.jpgEste venres 10 de novembro e de maneira conxunta con outras 38 entidades sen ánimo de lucro centradas na seguridade na Rede, a asociación PuntoGal publica unha guía que anima aos usuarios a “ir máis alá de escoller un contrasinal forte para as súas contas na Rede” e que propón unha serie de pasos preventivos para impedir os accesos indebidos aos nosos dispositivos e servizos, así como solucións para o caso de que se faga público o noso contrasinal.
Segundo explica Pungogal, a guía abéirase ao traballo que a asociación leva a cabo con diferentes socios para contribuír a facer da Internet “un lugar máis seguro” e propón accións como usar dobre autenticación nas nosas contas, facer un hábito do uso de aplicacións de autenticación, combinando o móbil con outros dispositivos e outras modalidades que impiden que ninguén teña acceso aos nosos datos sen consentimento.
“A idea de lembrar a todos os usuarios estas posibilidades nun día internacional, o dez de decembro, parte de todo tipo de institucións e empresas da Rede, que buscan así concienciar de que un esforzo extra para usar ferramentas que xa temos ao noso dispor poden facer as nosas actividades na rede moito máis seguras”, explican dende a entidade responsable do dominio galego, engadindo que a guía está xa accesible en liña. Se se quere acceder á totalidade das guías que elabora PuntoGal, tanto en temas de ciberseguridade como noutras materias como a lingua ou a utilización de diferentes dispositivos, pódense consultar en dominio.gal.
Lembrar que hai dous anos PuntoGal asinou a súa incorporación á Global Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos e avanzar en protección tecnolóxica. O dominio foi a primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de reforzar a seguridade do ámbito dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?