Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole participa novamente en Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, que chega á súa 6ª edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole participa novamente en Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, que chega á súa 6ª edición

S. P.
Publicado: 13/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole_nenas_ciencia1.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) participa no proxecto Ciencia e Tecnoloxía en feminino, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa é “lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría ou Matemáticas, STEM polas súas siglas en inglés, debido á súa baixa participación nestas materias”.
A sexta edición do proxecto arrancaba este 13 de novembro en 19 parques e múltiples centros de Educación Secundaria de toda España. Este programa diríxese a estudantes de 1º a 3º da ESO e tamén está aberto aos últimos cursos do ensino primario, que poderán participar nunha serie de xornadas e actividades organizadas polos diferentes parques colaboradores ata o mes de abril de 2024.
Tecnópole creou unha serie de vídeos nos que as protagonistas son mulleres con postos de responsabilidade en empresas que están a participar no programa Galicia Avanza, promovido pola Xunta de Galicia e Tecnópole. Difundiranse a través das redes sociais do Parque para animar ás mozas a estudar carreiras científico-tecnolóxicas.
nenas_ciencia2.jpgAdemais, vanse celebrar tres xornadas os días 9, 15 e 19 de febreiro de 2024, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Contarase coa participación de varias mulleres científicas, empresarias ou tecnólogas da contorna do Parque, que relatarán a súa experiencia persoal e profesional, axudando ao alumnado a descubrir as novas posibilidades que lles poden abrir estas disciplinas.
Tamén haberá obradoiros prácticos de temática científica e tecnolóxica, que “achegarán a ciencia e a tecnoloxía de xeito práctico e divertido, contribuíndo a derrubar falsos estereotipos sobre actividades tradicionalmente adscritas ao público masculino”, explicaron fontes da Tecnópole, engadindo que estas actividades serán conducidas por Patricia Barciela, directora da Domus – Museos Científicos Coruñeses. Os centros interesados xa poden contactar con Tecnópole para participar nestas xornadas.
As rapazas e rapaces poderán participar ademais no concurso nacional Propostas Innovadoras aos Retos para o Desenvolvemento Sustentable. Estes retos están vencellados coa saúde e o benestar, a igualdade de xénero, a enerxía accesible e non contaminante, o traballo decente e crecemento económico, a acción polo clima… A gañadora ou gañador nacional darase a coñecer nunha xornada que terá lugar en Madrid no mes de abril do vindeiro ano.
Só o 12% do alumnado que realiza estudos TIC son mulleres
A Tecnópole fai saber que a fenda de xénero en estudos STEM é un problema que “ten importantes consecuencias no noso actual sistema de innovación, debido a que non se está a contar co talento do 100% da poboación”. Por iso, desde os parques científicos e tecnolóxicos españois estase a contribuír a través desta iniciativa a reducir a brecha de xénero neste eido, co fin de crear un sistema de innovación máis competitivo.
Segundo as cifras aportadas por APTE, só o 30% do alumnado universitario no ámbito STEM son mulleres, tanto en España como nas medias internacionais. Ademais, os datos globais reflicten que só 24 mulleres de cada 1.000 se gradúan en estudos TIC e delas só 6 traballan no sector tecnolóxico. En España a proporción de mulleres en estudos TIC alcanza soamente o 12%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?