Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O modelo de Ponte… Nas Ondas! recoñecido pola UNESCO estenderase no ensino galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O modelo de Ponte… Nas Ondas! recoñecido pola UNESCO estenderase no ensino galego

S. P.
Publicado: 13/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ponte_nas_ondas_exemplo-actividade-pno.jpgGalicia será pioneira en contar con centros que traballan cun modelo de boas prácticas recoñecido pola UNESCO, o modelo galego-portugués de Ponte… Nas Ondas!, que, como lembraremos, bota man das novas canles e formatos de comunicación (principalmente os podcasts) para estreitar lazos entre as comunidades educativas de ámbalas beiras do Miño, poñendo o foco na cultura inmaterial común. Segundo lembran dende PNO!, Galicia será unha referencia a nivel internacional grazas a extensión desta fórmula na súa educación, “pois non existe actualmente ningunha rede de ensino formal deste tipo impulsada desde un goberno”.
Así o confirmou o Consello da Xunta do pasado xoves 9 de novembro, que avaliou un informe da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sobre a implantación deste modelo que ten como finalidade concreta “a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante a sensibilización das xeracións máis novas desde a escola con actividades culturais e pedagóxicas”.
Dende a asociación Ponte… Nas Ondas! valoraron moi positivamente esta iniciativa da Xunta: “O sistema educativo galego será, así, un exemplo en materia de sensibilización co patrimonio desde a nenez”.
A incorporación desta acción ao sistema educativo farase a través dunha convocatoria aberta a todos os centros públicos que, de xeito experimental, contempla a adhesión nunha primeira fase de ata 20 centros públicos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Os seleccionados pasarán a formar parte da Rede de centros Ponte… Nas Ondas!
Ponte entre escola e sociedade
O modelo internacional de educación en materia de patrimonio Ponte… Nas Ondas!, recoñecido pola UNESCO hai un ano, será ademais un dos eixos a debate no 6º Congreso internacional Patrimonio inmaterial e educación. Ponte entre escola e sociedade, que se celebrará entre os días 16 e 18 de novembro en Ourense e Portugal. A cita coincide co 20 aniversario da Convención de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da Unesco.
Ao fío do Congreso, esta semana presentouse tamén no Concello de Ourense un evento paralelo, dirixido ao público infantil, que terá lugar de 11 a 13 horas, na praza Maior, e no que máis de 200 escolares de Primaria coñecerán unha ampla mostra de xogos tradicionais, que aprenderán a practicar coa axuda de monitores. O Congreso ten como sede a Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense (edificio de Ferro, que acollerá tamén a mostra Imaxes do Patrimonio, e unha exposición do 20 aniversario da Convención da Unesco de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial).
Tres décadas de traballo en prol do patrimonio
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… Nas ondas!, leva máis de vinte e cinco anos traballando na divulgación do patrimonio inmaterial galego-portugués. Coordinados por docentes galegos e portugueses, milleiros de alumnas e alumnos de escolas de Galicia e Portugal teñen participado nos certames de Recolla do Patrimonio Inmaterial, Xornadas Multimedia ou Días Mundiais da Radio, entre outros eventos e actividades organizados pola Asociación.
En decembro de 2022 Ponte…nas Ondas! foi recoñecida pola UNESCO como modelo de boas prácticas co PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial) sendo incluída no Rexistro das Boas Prácticas da UNESCO. A candidatura foi presentada por parte de Portugal e España e é a primeira inscrición para Portugal e Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?