Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A campaña De Fronte da Deputación de Coruña convoca á mocidade para encher a Rede de vídeos contra a violencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A campaña De Fronte da Deputación de Coruña convoca á mocidade para encher a Rede de vídeos contra a violencia

S. P.
Publicado: 14/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

de_fronte_deputacion.jpgA Deputación da Coruña impulsou unha nova edición da súa campaña De Fronte, coincidindo unha vez máis co 25 de novembro (o 25N é o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres). Nesta edición a entidade provincial pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, tendo como público obxectivo principal a mocidade. A axenda inclúe por unha banda un acto institucional (o día 24 de novembro no Pazo Provincial da Coruña con Caamaño & Ameixeiras, ás 10:45h) e pola outra unha xira de obradoiros de divulgación en clave tecnolóxica.
A xira chegará aos concellos de Cabana (9 de novembro), Boiro (11), Cedeira (13), Outes (14), A Pobra do Caramiñal (15), A Coruña (16), Zas (17), Ribeira (21), Arzúa (22), Corcubión (23) e Valdoviño (27).
O obxectivo destes talleres itinerantes é abordar co alumnado conceptos chave arredor das violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno. Destes obradoiros sairán varias micro pezas dixitais en formato stop motion que a Deputación achegará na Rede.
de_fronte_xogo-inicio-640x358.jpgSegundo explica a Deputación, estas actividades creativas e divulgativas están formuladas en positivo e buscan “cuestionar mensaxes e hábitos que alimentan que as violencias sexuais sigan a reproducirse, obradoiros nos que repensar o uso e gozo do lecer, da festa ou do consumo responsable para construírmos relacións igualitarias, en liberdade e con respecto”.
Crearanse breves vídeos divulgativos con testemuños de situacións reais de agresións sexuais no contexto de ocio nocturno ou festa.
A programación da campaña complétase coas actividades, guías e outros recursos dispoñibles para a súa consulta e que “aumentan ano tras ano”, segundo explicou a Deputación.
Tamén está dispoñibel para a súa descarga a imaxe gráfica da campaña en distintos formatos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?