Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e Federación de Comercio lanzan campaña para elixirmos online os mellores establecementos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e Federación de Comercio lanzan campaña para elixirmos online os mellores establecementos

S. P.
Publicado: 14/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

141123_presentacion_campana_mellor_comercio_da_tua_vila.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este martes 14 de novembro, no Pazo de San Marcos e na compaña do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a campaña Mellor Comercio da túa vila, financiada practicamente na súa totalidade pola institución provincial cunha achega de 50.000€ e destinada a impulsar os establecementos de proximidade da provincia e incentivar as vendas na recta final do ano. A iniciativa inclúe premios para os propios negocios participantes, por un total de 8.500€, e para os clientes, en bonos de compra que suman 15.000€. Tamén incorpora unha votación en liña para elixir os mellores comercios da provincia.
A campaña, explicou Tome, ten un obxectivo duplo: “Por unha banda poñer en valor a calidade e as melloras que van introducindo os comercios para promocionarse, modernizarse e alcanzar cotas máis altas de competitividade, e pola outra incentivar as vendas nesta recta final do ano, aproveitando que son datas de maior consumo”, nas que, de feito, concéntrase o 40% da facturación anual do sector do comercio.
A campaña, que comeza este 14 de novembro e rematará o 14 de decembro coa celebración dunha Gala do Comercio no Pazo de San Marcos, inclúe distintas accións: premios para 17 negocios da provincia de 500€ cada un e un diploma acreditativo; sorteo de bonos por 12.000€ entre os clientes; e actividades de dinamización nas rúas da capital lucense e sorteo dun premio de 3.000€ en compras.
A campaña arranca este 14 de novembro. Ata o 7 de decembro, aquelas persoas que realicen compras en calquera comercio de proximidade da provincia de Lugo poderán rexistrar os seus tíckets a través da web www.mellorcomerciodatuavila.com e entrar nun sorteo previsto para o 11 de decembro no Pazo de San Marcos, no que se repartirán 12.000€ en vales de compras, repartidos en 20 premios de 300€ e 40 premios de 150€. Durante ese rexistro, os clientes poderán votar a un comercio de entre os previamente inscritos no concurso, e desa votación popular vía online sairán os 17 negocios que se distinguirán como Mellor Comercio da túa vila. Os gañadores recibirán de premio 500€ en metálico cada un, e un diploma acreditativo, dos que se lles fará entrega na devandita gala.
A campaña que impulsa a Deputación de Lugo coa Federación Galega do Comercio tamén contempla o desenvolvemento doutra acción na cidade de Lugo baixo o nome Merca na Rúa, coa que se desenvolverán actividades de dinamización entre os días 1 e 12 de decembro para fomentar as vendas do comercio local. Entre as persoas que fagan unha compra durante estes días, sortearanse 3.000€ para gastar nunha xornada de compras que se celebrará o 13 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas. O premiado deberá visitar polo menos oito tendas participantes na campaña e gastar un mínimo de 100 euros en cada unha delas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?