Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 30 pemes galegas participan nunha xornada da Cámara pontevedresa e Amazon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 30 pemes galegas participan nunha xornada da Cámara pontevedresa e Amazon

S. P.
Publicado: 14/11/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

camara_santiago_amazon_apertura.jpgA Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía (PVV), Cámara de España e Amazon organizaron este martes 14 de novembro un evento formativo, España a un Clic: Impulsando a dixitalización das pemes españolas, para potenciar a venda en liña entre as pequenas e medianas empresas de Galicia.
Máis de 30 firmas galegas asistiron este martes 14 a esta formación gratuíta, enmarcada no programa Despega de Amazon, que está enfocado en axudar aos emprendedores e pequenos empresarios a dar o salto á venda por Internet e impulsar as súas vendas a través de distintas canles online. Pola parte institucional, asistiron o presidente da Cámara PVV, José García Costas, e o xerente do ente cameral, Víctor Varela Caride; a concelleira de Emprego e Igualdade do Concello de Vigo, Ana Laura Iglesias; o secretario territorial da Xunta en Vigo, Fernando González Abeijón; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; e o xerente da Cámara, entre outros representantes.
camara_santiago_amazon.jpg Segundo lembraron os presentes, na actualidade máis de 600 pemes galegas están presentes na tenda de Amazon e máis do 55% delas exportan. En concreto, superaron en 2022 a cifra dos 30 millóns de euros en exportacións. “De feito, Galicia atópase entre as 10 comunidades autónomas con máis pemes vendendo en Amazon”, engadiron.
Con estas xornadas o que se busca é “favorecer o crecemento das pemes da nosa terra, axudándoas na súa dixitalización co fin de incrementar as súas exportacións, a súa produtividade e a súa competitividade”. Ademais de potenciar a dixitalización e o uso das canles en liña entre as pemes, esta formación permite dar visibilidade a empresas locais que se dixitalizaron con éxito.
Distribución
Na xornada explicouse que as 15.000 pemes españolas que venden xa en Amazon están repartidas por todo o territorio nacional. De feito, máis do 60% destas empresas teñen a súa sede en provincias de España que non son nin Madrid nin Barcelona. E máis do 15% destas pequenas e medianas empresas están localizadas en municipios de menos de 10 000 habitantes. Ao redor do 30% están en municipios de menos de 30 000 habitantes, contribuíndo a xerar novas oportunidades e promovendo o desenvolvemento económico e social destas comunidades.
Benvida
Neste evento de formación, José García Costas, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, deu a benvida ao acto e destacou que o gran desafío, o acceso a un mercado internacional de millóns de consumidores, a día de hoxe, pasa por Amazon. “E hoxe, a través desta xornada, demostrouse ao tecido comercial e ás pemes e micropemes de diversos sectores que vender en Amazon non é un reto imposible”, engadiu.
Así mesmo, García Costas incidiu no gran potencial das empresas da demarcación da Cámara, e galegas en xeral, con “un gran campo de xogo aínda por conquistar na canle dixital, e debemos ver nel unha oportunidade de crecemento. Os empresarios e empresarias somos, ante todo, emprendedores e aspiramos ao máximo crecemento das nosas empresas. Por eso, hoxe anímovos a emprender e seguir medrando no gran mercado dixital”.
camara_santiago_exposicion.jpg Casos de éxito: Nenel, Acemelia e Jandei
A xornada de formación do 14 de novembro comezou con dúas sesións formativas sobre como empezar a vender online e como reforzar a marca dixital a través das ferramentas que pode ofrecer Amazon, seguida dunha mesa redonda na que empresas da nosa Comunidade como Nenel, Acemelia e Jandei compartiron a súa experiencia e éxito vendendo a través da Rede.
En concreto, Nenel é unha peme familiar viguesa que confecciona, de forma artesanal e tradicional, téxtiles e complementos para bebés. Con case unha vintena de empregados, venden os seus produtos feitos en España por toda Europa: “Amazon é un gran escaparate para as pemes e axudounos a internacionalizar o noso negocio. Agora vendemos en países como Francia e Alemaña”, destacou Ainara Costas, xerente de Conta Amazon de Nenel.
Mentres, Acemelia é unha peme situada en Vigo que fabrica e vende produtos cosméticos (produtos de beleza como cremas, champús e bálsamos) feitos con aceite de camelia BIO de Galicia. “O comercio electrónico deunos moita visibilidade e permitiunos vender tanto en España como noutros países. Medramos un 30% todos os anos”, explicou Pablo Mansilla, fundador de Acemelia.
E Jandei é unha peme familiar fincada na Coruña que vende iluminación LED. Javier Núñez, responsable da área de Marketplace de Jandei, explicou que apostaron pola venda en liña en Amazon en 2014 e que, desde entón, non deixaron de medrar: “O comercio electrónico axudounos a incrementar as nosas vendas e a vender fóra. O 50% do que vendemos son exportacións”, remarcou.
Para pechar esta formación, os asistentes tamén puideron gozar dunha exposición de produtos destas empresas locais que forman parte de España a un Clic, unha tenda dentro de Amazon.es que conta cunha ampla escolma de produtos vendidos por pequenas e medianas empresas nacionais de todas as comunidades de España. Estes foros e encontros, ademais, continuarán durante o vindeiro ano en cidades como Málaga, coa colaboración da correspondente cámara de comercio territorial, onda Amazon.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?