Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística celebra o 90 aniversario da radio en Galicia coa nova edición dos Premios de Podcast Xosé Mosquera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística celebra o 90 aniversario da radio en Galicia coa nova edición dos Premios de Podcast Xosé Mosquera

S. P.
Publicado: 14/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

podcast-2.jpgA Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai conmemorar o 90 aniversario da radio en Galicia colaborando un ano máis cos Premios de Podcast en Galego e Portugués Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, convocados en colaboración co Instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións. O obxectivo deste certame, que chega á súa sexta edición, é fomentar entre a mocidade as linguas galega e portuguesa a través das novas tecnoloxías, así como promover a historia da radio en Galicia reivindicando a figura da súa primeira estrela mediática, Xosé Mosquera.
Así o anunciou este martes 14 de novembro o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante a presentación da nova edición destes premios no Instituto Rosalía de Castro, onde tamén participaron o director do dito centro, Xabier Mouriño; Aser Álvarez, de Arraianos Producións, e Loliña Mosquera, filla de Xosé Mosquera.
García indicou que iniciativas coma esta, que xiran arredor da radio, medio de comunicación oral por excelencia, “son importantes para animar a mocidade a falar o galego en distintas situacións, para axudala a mellorar a súa expresión oral de maneira que se sinta cómoda empregándoa en calquera ámbito, espazo ou nivel de formalidade”.
Ademais, Valentín García adiantou que desde o Goberno galego vaise estender este 90 aniversario durante todo o curso escolar 23-24 cunha exposición itinerante sobre a figura de Xosé Mosquera, que visitará varios centros de ensino de Galicia e Norte de Portugal, e coa impartición de obradoiros sobre a creación de podcast entre a rapazada.
As bases do certame
Poderán concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de Educación Primaria (5º e 6º cursos) e Secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do norte de Portugal.
A solicitude de participación, que deberá formalizar o director ou directora do centro de ensino, poderá enviarse ata o 21 de decembro deste ano. Pola súa parte, os traballos, que deberán ser orixinais e inéditos, poderán presentarse ata o 1 de maio de 2024. Estes deberán estar relacionados coa vida e obra de Luísa Villalta, homenaxeada nas próximas Letras Galegas, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia a do norte de Portugal.
O certame establece dous premios, que serán anunciados antes do remate do curso escolar: un ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º de Primaria e outro ao mellor traballo dos centros de ensino secundario e doutros centros de ensino non universitario. Ambos os dous están dotados con 500 euros, lotes de libros para a biblioteca escolar, unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e un diploma acreditativo.
As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?