Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Bela Otero protagoniza o novo podcast de Aquí faltan páxinas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Bela Otero protagoniza o novo podcast de Aquí faltan páxinas

S. P.
Publicado: 15/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aqui_faltan_paxinas-2.jpgA historia da Bela Otero, natural de Valga, protagoniza neste mes de novembro o programa de podcasts da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas. Este ciclo de relatos sonoros e conferencias naceu da colaboración da institución provincial coa firma O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias relacionadas coa provincia. O faladoiro sobre a lendaria bailarina e actriz galega (referente cultural da belle époque en París) será este 16 de novembro, dende o Museo da Historia de Valga.
Celebrarase ás 19:00 horas e virá da man da historiadora Encarna Otero. No acto participará a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, e estará conducido por Marián Fernández, de O Cable Inglés, coordinadora da colección.
A Bela Otero (1868-1965) converteuse nun dos personaxes máis emblemáticos do París da belle époque. Mentiu e fabulou para esconder un pasado traumático que a obrigara a fuxir de Valga con só 12 anos, tras unha brutal violación, e logrou construírse unha historia calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores aos que xamais conseguiu entregarse por completo, porque lle resultaba imposible confiar nos homes. Segundo ela mesma declarara, a súa verdadeira paixón foi o xogo. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público.
O faladoiro estará a cargo de Encarna Otero, historiadora e mestra galega que é autora das entradas sobre a Bela Otero na Galipedia e no Álbum de mulleres, enciclopedia en liña do Consello da Cultura Galega.
Ademais da conferencia, a historia da Bela Otero estará tamén dispoñible a partir do xoves no podcast de Aquí faltan páxinas (nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial) e figura xa na ruta virtual que se centra en Valga como lugar clave da provincia da súa biografía. Comeza na parroquia de San Miguel, onde naceu e onde viviu da caridade ata os 12 anos. O percorrido segue na súa casa natal, hoxe reconvertido no Museo da Historia no que a historia de Carolina Otero ten un protagonismo especial, e no parque Irmáns Dios Mosquera, onde unha estatua do artista Camilo Rodríguez Vidal lembra a bailarina. Neste parque, xunto á figura de Otero, está tamén a camelia que leva o seu nome, creada no 2000 por Rosa Crespo e Jaime Escofet, e que se cultiva tamén na Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación e está presente nos xardíns do castelo de Soutomaior.
O proxecto Aquí faltan páxinas inclúe unha antoloxía de 12 podcasts, un por cada mes deste 2023, para pór en valor os logros de María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?