Microsoft vén de estrear unha aplicación móbil para Android chamada Microsoft Copilot, que como ben deixa caer o seu nome, trátase do asistente de chat promovido por intelixencia artificial que busca contribuír á mellora da produtividade. Esta aplicación de balde funciona empregando os últimos modelos de OpenAI (GPT-4 e DALL·E 3) polo que é un xeito moi atractivo de empregar esta tecnoloxía sen ter que pasar por caixa.
Microsoft Copilot permítenos conversar para obter respostas rápidas, complexas e precisas, servindo tamén para crear impresionantes imaxes a partir de simples descricións de texto e para escribir rapidamente contido en función das instrucións que deamos.
Até o momento Microsoft xa achegaba estas funcionalidades a través da aplicación de Bing, pero finalmente optou por ofrecer o asistente a través dunha aplicación de seu, que está prevista que en breve chegue tamén a iOS.
Microsoft ofrece a tecnoloxía de ChatGPT a través dunha nova aplicación para Android
Compartir Este Artigo

