Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COCAHI e MyFullTrip asinan un acordo para ofrecer solucións tecnolóxicas aos asociados da confederación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COCAHI e MyFullTrip asinan un acordo para ofrecer solucións tecnolóxicas aos asociados da confederación

S. P.
Publicado: 09/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cocahi_myfulltrip.jpgA Confederación de Centros Históricos de España (COCAHI) e a empresa de tecnoloxía MyFullTrip S.A (Grupo Vesilen) asinaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas que favorezan o crecemento e a modernización das asociacións e pequenas empresas pertencentes á confederación.
O acordo formalizárono este luns 8 de xaneiro o presidente da Confederación Española de Centros Históricos de España, Jose Manuel Bello Rey (presidente tamén de Compostela Monumental), e Bernard Jean Jacques Lonis, presidente da empresa. Trátase, engadiron, de materializar aplicacións informáticas dirixidas ás mais de 60 asociacións e empresas que están dentro de COCAHI.
Esta entidade fundouse no ano 1993 e confórmana as asociacións de comerciantes situados nos principais centros históricos de España. Defende o papel que leva a cabo o comercio na dinamización, conservación e mellora das contornas céntricas urbanas. Conta con poboacións que suman máis de trece millóns e medio de habitantes e representan 125.000 establecementos comerciais que xeran 500.000 empregos directos. Os seus centros asociados xeran vendas por importe superior a 3.247 millóns de euros e son receptores de máis de 80 millóns de turistas ao ano.
Na procura de solucións tecnolóxicas para todos os asociados, desde MyFullTrip van desenvolver ferramentas tecnolóxicas que comuniquen aos millóns de visitantes das máis de 60 zonas comerciais que conforman COCAHI cos comercios das cidades. “É moi importante que os miles de visitantes das zonas comerciais poidan dispoñer dunhas ferramentas que lles permitan poder visitar os pequenos comercios e comunicarse con eles. Desta maneira ofrécese unha experiencia ao consumidor, podendo visitar a cidade, e coñecer a súa oferta comercial, gastronómica, cultural e turística de centro histórico”, sinalou José Manuel Bello, poñendo o foco nalgunhas das singularidades que este tipo de recursos tecnolóxicos pode facer posible e dinamizar: ofertas culturais, ofertas comerciais e gastronómicas, visitas guiadas, descontos en comercios ou recursos para manter e captar clientes (fidelización).
“En MyFullTrip estamos moi enfocados no pequeno comercio e na procura de solucións tecnolóxicas, para que non exista fenda dixital entre o pequeno comercio e as grandes superficies. Na actualidade desenvolvemos ferramentas dixitais en Canarias, como é o bono consumo, que esta axudando ao pequeno comercio a aumentar as súas vendas”, destacou Bernard Lonis, engadindo que co ultimo acordo alcanzado con Revolugroup “dispoñemos dunha licenza de banco electrónico que ofrecerá múltiples vantaxes aos seus usuarios, por exemplo envío de diñeiro ao estranxeiro, pago en criptomoedas, recarga telefónica, fidelización de clientes, pass turístico, etc.
Jose Manuel Bello Rey destacou “que iniciamos o 2024 cun novo proxecto que supón unha oportunidade para os comercios e asociacións que forman parte da Confederación Española de Centros históricos. A empresa MyFullTrip porá ao dispor dos asociados de COCAHI os servizos e experiencia no desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas en comercio e turismo que poidamos necesitar para mellorar a nosa conta de resultados nos distintos comercios situados nos centros históricos do país”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?